A ultima vez que visitei El Chorro ainda se vivía en pesetas, o camping do lugar funcionaba a tope e el Caminito del rei non se facía porque había partes moi perigosas, no entanto cruzabamos pola vía do tren, xogando ao gato e ao ratón cos gardas que se puñan en liña co camiño de ferro e multaban a quen pillaban, seguén multado pero non hai a mesma presión que daquela. Nos últimos anos abríronse moitas vías de varios longos, de concepto moderno e equipado xeralmente, pero esta zona segue sendo un terreo de xogo bárbaro para a escalada deportiva e con panos de rocha realmente brutais.
Nas Frontales Baixas hai un bo conxunto de vías de grado medio-baixo, nós escalamos
Apocalipsis, unha rota pracer recomendable para iniciarse nas vías de varios longos equipadas, cun grao asequible, talvez máis recio nos 6as que nos 6bs, e de factura bonita por ter de todo, desde placas ata chorreiras, pasando por diedros e muros de buracos. Fixémola en menos de tres horas e indo moi relaxados, con 70m podemos empalmar longos onde queiramos. A baixada está perfectamente sinalada con fitos e coido que, como soe suceder, é mellor andar que rapelar. Via para gozar! Gran bosquexo no blog de
bernabefernandez.
|
Aproximación en 10 mn, neste bosquexo vemos perfectamente onde comeza a vía. |
|
Julián comezando nesa bonita chorrera de 6a |
|
O segundo longo ten un paso algo bloqueiro pero logo hai cacho, 6b. |
|
Precioso este L3, conti para ler a rocha e ir facendo, 6a+. |
|
Este é o L5, 6b+, placa fina e diedro ben bonitos. Con outro longo de 6c e unha saida de IV chegariamos ao cumio. |
|
Un pracer compañeiro!!! |
|
Lugares, casa de rocha con explanada privada!! |
|
Lugares, o caminito del rei agora enlaza por enriba da vía do tren!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario