Lugar con denominación de orixe, "canaldistas" de nome e de apelido carácter, moito carácter, e exposición. Buscando novas experiencias e algo de sol achegámonos a esta, aparentemente, discreta muralla Toño e un servidor; recibiunos un conglomerado particular que non é moi habitual, talvez comparable co de Collegats, e un frío escandaloso que non nos deixou carburar en toda a vía... ao día seguinte acompañounos Lluís, activista canaldista number one, e como íamos co local pedimos unha rota para sufrir menos, non debe haber moitas así que nos levou a outra que tampouco era fácil... mais o mundo era distinto cun sol amoroso e un mar de nubes para dar envexa aos deuses
A
Rodamonds é unha vía audaz que mira de frente a parede e cos seguros xustos para pasar sen que che saia a papilla, obra co selo Darder-Ballard na que haberá que ter sangue frio e xogar moito cos poucos seguros que meteremos. A chegada á R5 é unha cabronada para o segundo e a travesía ten unha corda de barco, facendo de pasamán, que parece que resiste (unha pena que non sacaran a rota de frente aínda que houbese que expandir algo). Os rápeles son vellos pero aceptables... se non coñecedes a baixada son aconsellables porque non está nada evidente. O bosquexo en
rocaineu.
Le patrón Bunny é obra do noso anfitrión Lluis, para abrila en solitario e dese xeito hai que botarlle un par, excelente homenaxe a Bunny de buscarse a vida e aventurarse en terreo salvaxe, pode que algo máis humana que a anterior, aínda que con boa temperatura todo se ve mellor, pero non por iso menos comprometida. Bosquexo en
romanticguerrer, blog onde podedes atopar múltiples bosquexos de Canalda.
|
Toño no L1 de Rodamons, 6b
|
|
O L3 ten un paso onde o estribo ben caralludo!! 6a/Ae |
|
Agora no L4, 6a, hai que navegar!! |
|
O L5 tiña carácter, 6a+/Ae, a chegada á reu era unha cabronada para o segundo. |
|
A trave do L6, V+, Toño chegando á corda de barco "incorrupta" que nos axuda a pasar a fervenza. |
|
Os rápeles, spits en estado latente!! |
|
Preciosa parede modesta mais coraxosa. No desplome central vemos ca la Rita, onde se soian facer as trobadas... esperemos que Lluis se volva animar e regresen! sempre é unha boa desculpa para volver! |
|
Lluis no L2 de Le patrón Bunny, V+/Ae |
|
Toño sobre o mar de nubes, ao fondo, na liña entre árbores e nubes, vense como unhas xaulas enormes... son lugaren onde crían e entrenan falcóns! curioso! |
|
Lluis, como bon anfitrión, atribuíuse o L3 porque abundaba o lique e a terra, 6a, un gentleman que diria Manquiña! |
|
O L4 tiña unha saída moi bruta mais logo había unha placa fantástica, bo longo, 6b+/Ae |
|
Os tres mataos da lama pillando cacho en ca la Rita, bonito lugar. Gracias amigos pola compañia e as escaladas!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario