Descubrindo paredes! Saímos da Dent d´Orlu por treboada e na procura dalgún outro muro no que trepar. Juan, Martín, Julián e Ángel tiñan que currarse os churripuntos coas respectivas familias, sempre gozando!, porén, antes de marchar, Ángel recomendounos unha vía na Roca Narieda... e como hai que facerlle caso aos locales aló fomos Álex, Josele e un sevidor a darlle estopa a esa parede, discreta que non modesta, mais de aspecto similar ao Half Dome, e coa particularidade de contar cunha parte da parede practicamente á sombra case todo o día. Infelizmente Álex tiña os pés fastidiados e, despois de acompañarnos ata o inicio da vía e probar os gatos, decidiu que lle doían demasiado como para aguantar ese sufrimento toda a vía, unha pena! Ergo... tiven a "desgraza" de compartir aventura con Josele, he he.
A
Pánic Timpánic é unha vía moi interesante, con algúns longos realmente preciosos, aberta en bo estilo e co selo dos aperturistas, con certo carácter nalgún punto e equipamento suficiente aínda que de todo tipo. A rocha non é ningunha marabilla mais tampouco é mala, nótase o traballo de limpeza e, talvez, sexa a orixe do nome da ruta... non é mala rocha mais case todo o que tocas soa así como pouco consistente, como se bateras nunha parede de cal e non nun muro de formigón, no sei, coido que me explico... mal son para os oidos! ha ha!! Toda a info con bosquexos variados en
escaladorenpracticas.
|
Josele ataca o L1, 6b, por enriba había unha placa moi fina e, probablemente, do máis obrigado da vía, alén de que te pilla frío... iso si, o pitón está perfecto e é novo! |
|
Foto que nos fai Álex no L2, 6b+, ese diedro desplomado é excelente, do mellor da vía sen dúbida. |
|
Josele meténdolle caña ao L3, 7b, outro bo longo se tes o grao, mais é unha placa moi dura... pasamos o máis dignamente que puidemos! |
|
Longazo que se currou o meu compi, con estilo pedricero e con oficio de danzar sobre as placas! |
|
Outra plaquiña fina na saída do L5, 6b. |
|
Josele agarrando a bavaresa final do L6, 6a+. |
|
O L7 é outra xoia, 6c, nese nicho descansas antes de meterte no desplome brutal. |
|
Alucinante fenda de saída, hai cacho mais... "separate reality" he he. |
|
Un galego e un vallecano batallando contra muíños que son xigantes, un pracer amigo! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario