Coñecer novos lugares é fascinante porque os inicios sempre teñen algo máis de aventura, alén de que cómpre afinar a estratexia para non saír humillados, mais, como diría Isabel Allende, o éxito ou o fracaso non existen, son ilusións que creamos para cuantificalo todo... o que existe é o camiño, ese si é real e propio de cadaquén! Este lugar medio perdido do Pireneo francés resume tres características que me namoraron: longuísimo, técnico e alpino. Kilómetros de granito para degustar nun medio climatolóxicamente cambiante e bastante salvaxe, con baixadas complexas e estratexias a estudar dependendo da parede que escollamos. Desta vez a escapada foi de risas e amizades no zarrio de Julián, con Martin, Alex, Josele, Angel, e Juan... toda unha tropa!
A
Ithaque é un rutón, os longos da parte superior son un pracer para os sentidos... se vos gusta o granito esta via é enormemente recomendable: técnica, difícil de ler a vista e bastante física. A nosa primeira idea era facer La Challengue, enlazando a
Ithaque con
L´Odysée e saír polo cumio... empresa longuísima para a que precisabamos deixar un coche na cara leste e evitarnos a baixada inmunda polo bosque (previsiblemente de noite e sen coñecer... vivac asegurado!). Como chegamos moi tarde ao aparcadoiro da cara sur rexeitamos a idea... o que aínda foi unha sorte porque, segundo nos decatamos despois, a empresa completa é longa e dura, xa nos chegou a
Ithaque, que nos deixou suaves, como para meterlle outra similar por riba. Para facer La Challengue cómpre aclimatarse un pouco á zona e acostumarse aos palizóns, e mellor que a cordada sexa rápida porque son moitos longos bastante físicos e vante derrotando. O bosquexo en dúas partes cortesía de
luichy. Tamén podedes ver o enorme artigo de Armand Ballart no
Desnivel 175, aínda que actualmente hai algunha vía máis e outras foron reequipadas... máis info no
CAF.
|
O bosque de acceso non é ningunha broma, he he, a parte final é case vertical e se caes non paras ata o fondo da barranca!!! |
|
Martin nos primeiros longos tumbados da vía, ensamblamos algúns aínda que corría auga e algúns pasos estaban delicados. |
|
Ángel tira millas por un V+ plaqueiro da parte inferior. O muro superior impresiona!!! |
|
Por embaixo Josele e Álex séguennos... e máis abaixo Julián e Juan... todos pola mesma liña!! Un mundo enorme de granito! |
|
Martín comeza a atacar o muro superior por un V+ que no bosquexo indica "desplome de hierba", ha ha, tiña que pasar por riba dese mato e era certo o de "desplome de herba". |
|
Ángel e eu relaxados na reu... menos mal que o "desplome de herba" lle tocou a Martín porque a cousa soaba fatal!! |
|
O L9 é unha fenda de 6b+ preciosa. O xogo muda aquí e a escalada convírtese en técnica e física. Soberbia!!! |
|
Comezando o L10, outra marabilla de 6c+, co patrocinio de R-GRIP, he he. |
|
No mesmo longo, un pequeno diedro cun paso cabrón tiroume... ao meu favor dicir que había unha planta no pior sitio para tocar os fociños, he he!! |
|
No diedro do L11, concentrado no magnesio! |
|
O mesmo diedro de 6b, outra gozada que ao final se puña cachondo!! Non hai máis fotos pero ainda nos quedaban varios longos, 6b+ de regletas, 6c/A0 de placa fina e dura e bastante obrigado, 6c+ cun teitiño técnico de granito con fenda cega, 6a+ técnico que na parte superior ten algo de terra e V+ por un diedro bastante sucio... a bicha era longa e apretona, ha ha, todo vantaxes!! |
|
O descenso despois dos rápeles polo bosque ese... case pedia piolets para herbatracción!!! había temita!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario