Despois de
moito tempo co proxecto adormecido presentouse o momento. Para percorrer
este eslabón perdido da norte de Ubiña tiveron que pasar anos...
outros proxectos, frustracións polas condicións e falta de tempo...
mais a montaña non se move do seu sitio e sempre haberá persoas coa
motivación necesaria para seguir abrindo vías novas, repetindo
outras e gozando de cada proposta de escalada e das peculiares
condicións ás que nos entregamos nesta preciosa xoia natural da
cordilleira Cantábrica. Segis é o que sempre está, os valores que se perden, o compañeiro, o amigo...
Outra vez compartindo corda con Manu (damegravedad.blog), enorme compañeiro e gran
escalador… alén de que nos coñecemos ben e iso motiva nestas vías
laboriosas e de paciencia. Este ano non é o mellor para as
condicións da montaña, a neve non dá transformado no norte (e hai
moita), tampouco vai frío abondo e o pouco xeo que atopamos estaba
podre polo contacto coa neve. Abrimos a vía en dous ataques: o 30
de decembro, en condicións secas, subimos coa intención de escalar
o primeiro longo e deixalo preparado para un segundo impulso con
mellores condicións, así foi, porén tivemos que esperar ata o 27
de febreiro para a ascensión definitiva, escalamos o longo que
tiñamos equipado (L2), que considerábamos o máis laborioso, e
continuamos ata a cima atopando dificultades nada despreciables no
seguinte longo (L3). Pensamos que as condicións serían mellores e había
que aproveitar antes da seguinte nevada anunciada; equivocámonos
coas condicións da montaña... mais estabamos aló e era o momento
de subir. Agradecerlle a Miguel (Aviño) que nos acompañase ata pé
de vía con ese día de cans!
DESCRICIÓN DA ROTA:
O
primeiro é subliñar que nós contamos a nosa experiencia segundo as
condicións que atopamos, seguramente con mellor neve e con máis xeo
a cousa poida mudar significativamente, por iso esperamos que nos
contedes que vos pareceu a vía e cal foi a vosa experiencia.
- O
L1 é común coa Norte Directa, en seco ponse divertido
(M3) mais cando hai neve sóbese moi rápido. Ten unha variante pola
esquerda algo máis difícil, en condicións secas esta variante ten
unha panza onde cómpre levar pitóns (M4).
- O
L2 é o primeiro que abrimos (M7/A0), terá uns 35 mts e está
practicamente equipado pero, dependendo das condicións e da
habilidade de cadaquén, podemos precisar algúns friends ou cravos
para chegar á reunión. O longo comeza nunha pequena cova onde
equipamos unha reu de bolts (o de embaixo pode quedar enterrado na
neve -atopamos moita no segundo ataque, debeu subir uns tres
metros-), desde aquí xogas nun desplome intenso de bos gancheos e pés moi finos, ata
chegar baixo unha ponte de rocha (a segunda que hai) no que un
invertido nos pode axudar a dar un paso longo a outro gancheo bo, son
pasos duros. Despois do cravo hai unha chapa que pode quedar
enterrada baixo unha pequena plancha de neve/xeo (se é así hai que
subir a unha repisiña e limpar enriba dun pitonciño de rocha que
nos queda á esquerda, onde comeza unha pequena vira -sen esta chapa é unha sección expo-) seguir esa
viriña que nos leva cara a esquerda e logo continuamos na vertical
con algo de xeo, neve e herba; ao saír do máis duro, xa sobre neve,
iremos algo a dereita á procura dun corredorciño, bastante roto,
que nos leva ata a R2 (bolts). No comezo dese corredor (o día do
ataque ao cume) metimos un spit porque nos pareceu que quedaba algo
exposta a saída sobre neve sen transformar para acceder á reu, a esta
R2 costa chegar pero queda moi protexida de todo o que nos caia de
enriba. Haberá que volver con alguén máis forte a ver se podemos
encadealo... pensamos que é posible que non baixe de M9.
- O
L3 terá uns 45 mts e tamén ten miolo, saír da reu nas
condicións que nós atopamos xa daba traballo, pouco despois
chegamos a un paso precioso (M5), desplomado e con xeo por riba para
pinchar a gusto, logo hai unha pequena campa de neve que remata á
esquerda nun muro de verglás onde cómpre botarlle carácter e
oficio (M6) -cremos que en anos mellores este muro podería formarse
completo de xeo-, desde aquí saímos á grande campa de neve, onde
montaremos a R3 nunha fenda á esquerda. Este longo quedou limpo de
material.
- O
resto da vía é máis humano (e tampouco deixamos nada na
parede). Continuamos pola campa de neve para pasar entre dous
xendarmes enormes, ata chegar a un espolonciño de neve evidente
(sobre o xendarme da dereita) que continuado por un corredor
encaixonado nos leva a outra pequena campa e con algún resalte máis
ata a arista. Se seguimos a arista durante 5/10 minutos chegamos ao
cumio.
Podedes ver a piada de Manu en damegravedad, alén dun estupendo VIDEO sobre a apertura. Dalgún xeito tamén é a nosa lembranza do colega e dos valores auténticos, un xeito de homenaxe e recoñecemento do ALPINISTA, do compañeiro... do amigo que se foi!!! Reportaxe fotográfica completa...
|
Norte de Ubiña o 30 de decembro, case seca! |
|
Abrindo o muro desplomado. |
|
Abrindo o desplome two... versión sobe como poidas!! |
|
Realmente o muro ten bos gancheos pero é difícil meter un pitón! |
|
Xogamos no ataque definitivo... vaites como mudou a cousa!! L1, común coa Norte directa |
|
Na cova, con moitísima neve... e preparaos pa matá!! |
|
Entrando no L2 (M7/A0), a neve case chega ata a primeira chapa!! |
|
Manu saíndo dese longo, estopa ata o final!! |
|
Seguimos coa sección fotográfica de Manu |
|
E outra máis! |
|
O meu compi comezando o noso L3 (M6), duro e laborioso! Pena que non o vise desde a reu! |
|
Saindo do muro de M6 á grande campa de neve |
|
A gran campa! A Segis vai entre eses enormes xendarmes (tamén se mostra a entrada ao corredor da Variante das luvas) |
|
Manu entrando no corredor encaixonado por riba do xendarme! |
|
Non paraban de caerlle coladas de neve polvo!! |
|
Nos últimos resaltes que nos depositan na arista! |
|
No cumio de Ubiña! Felices!! mais pendentes da baixada pola falta de visibilidade e polos refachos de vento patagónico!! |
|
Bosquexo panorámico das vías desta parte da parede!! |
|
O bosquexo!! e desexando que a gocedes! |
Bravo titanes!, joder menudo apreton !!! a la libreta !!!
ResponderEliminarTen moi boa pinta...
ResponderEliminarBonito homenaje para un gran compañero de cordada:-)
ResponderEliminarSi Mar, pasan os anos e segue botándose en falta!!
EliminarQué buena vista tenéis Xosé! Una más para la Ubiña. Felicidades
ResponderEliminar