Preciosa vía nunha preciosa montaña. Neste xaneiro seco algunhas caras norte se puxeron fantásticas para ser ascendidas, pouca neve e menos xeo pero transformada para destapar as esencias do pracer das escaladas gozosas. Manu e Lucas foron descubrir o Telera aproveitando as condicións e, como eu andaba por aló, apunteime a unha das súas escaladas, unha actividade expres da que tiven que sair correndo para chegar a currar á noite, a pista correndo grazas a que subira os zapatos por todo o terreo seco, sempre gozando.
A
Sonia é unha vía magnífica, na que os aperturistas tiveron unha visión excelente e unha boa realización ao deixala completamente limpa de material; os meus parabéns! De dificultade moderada e homoxenea case toda, exceptuando a cheminea que a divide en dúas metades e que nós atopamos completamente seca, onde hai que colocarse e riscar cos campóns na rocha, porén protéxese ben e dalle un pouco de dinamismo á rota. Os friends, e principalmente os pitóns, serán os nosos mellores compañeiros para subir con seguridade. Bo bosquexo en
korkuerika.
|
No comezo da vía, a rampla de acceso é looongaaaa!! Na Diagonal overbooking, igual había 20 persoas!! |
|
Manu comezando a vía, bonito primeiro longo! |
|
Manu e Lucas ascendendo por esa neve corcho fantástica! |
|
Contraluz de Manu buscando o acceso ás viras superiores. |
|
Lucas gastando crampóns! |
|
Manu entrando na cheminea, había que darlle e riscar na rocha!! |
|
Superar o bloque empotrado levaba o seu traballo. |
|
Lucas no mesmo paso! | | | | | | | | | | | | | | |
|
Despois dalgo de piolet tracción sobre herba e doutro ensamble mais, continuamos a longos xa na parte superior da vía. |
|
No neveiro superior común coa Senda de los cuervos. |
|
Como os longos superiores da Senda de los cuervos estaban completamente secos fixemos unha travesía para saír polo corredor da Chez Lulu, alén de que me facía falta o tempo para chegar a currar! |
Vaya guapo que se ve eso Xosé!
ResponderEliminarVía muy bonita, no te defraudará!!!
ResponderEliminar