Hai anos que tiña unha débeda con esta ruta. Fíxena acompañado de Jose aló polo 2006 e tirei unha sensación boísima da escalada, dez anos despois volvin sacar a mesma conclusión. Julián subiu pasar uns días acompañado de Juan, outro murciano de pro mais sen xenealoxía Omeya, he he... un deses días fomos a Riglos, en plena pascua! esa foi unha mala decisión que había que solucionar coa elección da vía. Só había unha ruta de grao cómodo onde seguro que non había ninguén: A Folla, aló marchamos acompañados tamén de Martin.
La hoja del Cuchillo é unha vía 100% riglera, para min pata negra no seu grao, onde as panzas se suceden interminablemente e nalgunhas hai que decidirse. Bonita e recomendable vía na que o grado non mata pero acompaña constantemente, con spits do dez que normalmente aparentan bo estado e que son a mellor defensa da vía. Bo bosquexo en
laselvademogli.
|
Juan no L1, 6b, con Martin e Julián seguíndonos os pasos! |
|
O meu compi de novo, agora rematando o L3, o primeiro do segundo muro, 6a, ben se ve a fenda da Mosquitos cunha cordada subia ao Trono! |
|
Todo segue igual no L4, cunha panciña que che fai pensar algo, 6b/6b+. Martin e Julián no L3! |
|
Juan sacoume a corda e tirou para enriba de panza en panza, é o L5, 6a+. |
|
Mentres fotografío a Martin salvando panza tras panza! |
|
Belezas do camiño! |
|
Juan refúxiase trala nosa reu de cumio! un pracer camaradas! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario