Outra volta por este lugar marabilloso do norte
de Portugal, terra de socalcos e de penedos, arraianos de nós e nós deles, esa raia
da bretema e a Santa Compaña, onde Ulises fixo un alto na súa viaxe para loitar
contra as bestas que inzaban o territorio de xigantescos ovos prehistóricos,
os mesmos que fican hoxe por todo o Geres petrificados, espallados pola súa orografía. Un contorno irmán,
terra de lobos e lobas, de traballo rexo e vidas senlleiras, matriarcado
por dereito da terra e enchupadas nela, onde o negro é preto e os arcos de
vella incandescentes cando sae o astro, terra de cantos e de sereas... de amor
ao que dela sae e no que na terra entra. A Serra da Peneda é Geres, é arrecendo
a granito, paraíso do bloqueiro sen explotar, e é Meadinha, o lugar onde Yosemite
empequeneceu e emigrou desde a soño americano para ficar aí, sempre,
custodiando o mosteiro da Nossa Senhora da Peneda, vixiando o culto e a natureza
humana que aló se congrega. A Meadinha é o demiurgo que constrúe o val,
proxectándose e retorcendo as súas placas e fendas máis aló do posible para
goce dos que saben aprecialas.
Tiña un sábado ceibo para trepar
e tiña que ser granito, Budiño era a miña opción máis Richar, Mundi e Carducho
ían para a Peneda, eran máis kms mais era outro verdadeiro pracer. Se che gusta
escalar granito, tirando a zona centro, este é o lugar máis flipante da península,
visita moi recomendable cando non chova e a calor nos permita trepar. Como eles ían á
Treboada e eu non a fixera pois perfecto, trátase dunha boa vía que comeza pola
S e libérase dela por unhas placas e
fendas de antoloxía, coas chapas xustas para pasar nas placas e as fendas de
meter a canón, todos os longos teñen proveito porén o último longo difícil pode
escaquearse por un escape á esquerda, a que parece ser a saída orixinal da
apertura en 1983 (unha gran ascensión), e pode definirse como moi curioso (para os
mortais é obrigado levar un friend do 4 e un pedal neste longo). O bosquexo en
meadinha.com, estes topos son un gran traballo e a mellor referencia
máis, os mindundis, soemos dubidar algo dos graos e do material
flotante recomendado, he he, a Peneda ten carácter ata nos boquexos!! Reportaxe fotográfíca completa...
|
Un pequeno bosquexo para aclarar conceptos!! |
|
Carducho no precioso L1, común coa S, V+. |
|
Desde a R1 da Treboada... Carducho plaqueando fino para facerse coa fenda, 6b. |
|
Boa foto de Mundi asegurándo a Carducho desde a R1 da S, nós fomos montala na R1 da Treboada |
|
Os nosos compis por riba, Carducho tardaba en facer a travesía... logo me enteraría de que estaba enchoupada, sempre gozando!! A visión da Roi desde esta reu común é silvática! |
|
Richar chega ata a fenda dese L2, 6b. |
|
Bonita estampa do meu compi apretando |
|
Preciosa travesía do L3, 6b, pena que estivese tan enchoupada porque ías coas máns empapadas e pisando graniños mollados... |
|
Boa foto que me fai Richar na saida do teitiño común coa S. Fixemos esta R3 da S para avitar o rozamento, era difícil xestionalo coa trave completamente mollada, alén de que iamos con corda simple! |
|
Richar saíndo do teitiño... camiño da R3 da S |
|
Continuamos a nosa vía por este diedro fendido precioso, 6a+. |
|
Richar no mesmo diedro, alucinante visión! |
|
O último longo ben curioso, 6c+/A1, Richar encarando a placa final a uns metros do cumio da Peneda. |
|
Os catro xinetes ao completo, grandes compañeiros... máis un can que fai amigos pola praza! |
Moi boa trepada e moi boa literatura. Penso que estou lendo uns poemas inéditos de Rosalia, nesta mítica Peneda. Apertas.
ResponderEliminarTEXO
Meu!! Ti q es un bo amigo!!
ResponderEliminar