O L6 é o máis duro, relamente hai que apretar para encadenar este 6c despois de todo o que traes nos brazos, nós non encadenamos! Felicitacións para o Alex Huber e o seu "solo"
domingo, 10 de abril de 2011
Mallo Pisón: Murciana
O outro día repetín a Murciana (realmente vía Rabada-Navarro) con Martin, iamos ir con Julian e un colega que ían á Carnavalada pero xa había varias cordadas nesta vía e a Murciana estaba soa, ergo... era unha boa opción. Hai anos fixéraa con Ricardo e Manu e costáranos o noso, eramos uns guiris de rule por Riglos e sen demasiada experiencia nesta particular escalada, os recordos que tiña da vía non me serviron de moito pero, sen dúbida, trátase dunha das boas vías do Pisón, nada fácil porque te vai consumindo bolo a bolo, moi recomendable aínda que nalgunha parte está algo pulida, o 6c é duro duro, e as panzas finais hai que facelas; en conxunto segue sendo un viote. Alucinade co Alex Huber facéndoa en solo neste vídeo, é ainda que parece que a súa pretensión era facer a Fiesta, a Murciana non desmerece nada a xesta, vaia cabeza e vaia escroto que manexa o menda!! Tamén fixen unhas fotos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario