Despois da tempada de xeo hai que volver a acostumarse ás apretadas da rocha, cómpre trepar algúns días para volver a ter sensacións decentes, para iso nada mellor que a escalada deportiva. A semana pasada liguei uns días por Vadiello e Rodellar con Pedro e Martin e fixemos algunhas fotos... a deportiva mola!! mola moito!!
Ultimamente estoume obrigando a levar a cámara de fotos tamén ás zonas de deportiva, ao final é moi gratificante poder ver as fotos e gozar dos momentos que pasaches nesas vías e os/as colegas, merece a pena e... case non teño fotos de escalada deportiva, prometo emendarme a partir de agora e colgar algunhas de cando en vez.
Finalmente rescatei as poucas fotos que tiña de diferentes zonas de Huesca: Rodellar, Vadiello, Alquezar, Gratal e Benabarre; por suposto hai máis sectores e zonas pero o que non hai son fotos, co tempo teremos próximas entregas, he he... espero que gozedes e que vos entre a febre de... apretar a morte!!
Pedro quentando en Wasqa, 6b, La Caverna (Vadiello)
Pedrito de novo, agora apretando en El Cavernícola, 8a+, La Caverna, no seu grao do mellor de Vadiello
De novo en Ana de la aduana, despois dun paso a bloque hai que aguantala. As cintas da esquerda son as de Supernowa, 9a, nin olles para os cantos que caes do susto!
Martin en Mónica, 7b, sector Café Solo (Rodellar)
Martin en Mónica, 7b, sector Café Solo (Rodellar)
Outra visión de Mónica, no Café Solo é do pouco que hai para para re-quentar, e cada vez está máis lavada!
Curiosa cascada entre os sectores Egocentrismo e Boulder de Jon, o máis impresionante é que con cascada e chovendo no Egocentrismo segue podéndose trepar todo o inverno
David na Billy el rápido, 7a, agarrado dese cantazo este animal acababa de facer unha bandeira, e non o dei pillado! sector El Camino (Rodellar)
El Camino (Rodellar)
Comezando Resistencia indígena, 7b+, xunto cunha variante de entrada inmunda (8?) o máis duro de Benabarre
Martin escalando no Fronton de Gratal, a vía chámase Seisbe de monte, 7a, este sitio e fresco en verán e ao sol do inverno tamén se está de medo
Ningún comentario:
Publicar un comentario