Martin e eu levabamos tempo pensando nun finde de varios días en Murcia, Julian tiñanos os dentes afiados con Leiva e esa rocha de soños húmidos que só se dá en lugares escollidos, había máis de dous meses que tiñamos planificada a viaxe, Diego tamén se apuntaba desde Dolomitas, ben… Diego o primeiro, xa é medio murciano, esta vez trouxo un colega máis forte ca o vinagre, só hai que esperar a que se solte, Paolo, un tio ben majo que pouco a pouco se ía adaptando ao castelán e aprendendo neoloxismos do noso ideolecto particular, espero que non llos repita a ninguén, he he!!
Como o Murphy ese é un cabrón, en Murcia fai malo unha vez ao ano e tócanos a nós… aínda así escalamos todos os días. O primeiro día fomos a Leiva, Julian xuntou a un bo grupo de colegas que nos acompañaron, creo que todos son membros do “clube de fans de Rafaela Carrá”, boa xente, ademais de algo mataos porque viñeron pasar frío a Leiva por acompañarnos, hai que dicir que eles con ese día non subirían a Leiva nin cheos de viño. Finalmente Martin e eu escalamos La historia interminable, e Diego, Paolo e Julian a Eiger, as dúas van pegadas e mesmo comparten un longo, a Historia… é unha vía preciosa de placas e fendas verticais para soñar, a Eiger parece similar pero cun diedro final que cando o ves chámate como se se tratase dunha cervexa fresca baixo un sol de agosto; Genma e Miguel escalaron a Carnaval e Pedro e David a Carrillo Cantadella, ese día pasamos frío pero rapidamente fomos repoñer cunhas tapas, unhas cervexas e unhas risas.
Ao día seguinte chovía como se estivesemos en Compostela, a decisión foi visitar Mula e facer algo de deportiva, o sector Ferrari é desplomado así que aínda que chova pódese trepar, unha rocha excelente e unhas vías que merecen unha visita por si mesmas, outros sectores máis plaqueros como El Abuelo (equipado por Julian e Genma) teremos que volver para catalos cando non chova. Despois de Mula non deixedes de visitar o Balneario de Archena, o mellor do mundo e parte do estranxeiro, e non é coña!! Pola noite unhas birrras por Murcia, nós xa estamos maiores e imos para a cama cedo, Diego e Paolo deciden aproveitar a noite murciana e saudar a uns/unhas colegas.
Domingo pola mañá e aparece Julian no cuarto que comparto con Martin “vamos que saiu o sol, abride a xanela”, efectivamente! pensamos que El Almorchón pode estar seco porque é cara sur, Julian coñece unha vía boa nesta parede duns 200 mts. Quedamos con Miguel en El Almorchón, boa parede que parece ter moito por abrir todavía, a vía chamase Camino de verdad y vida, e que o nome non te confunda, no seu grao é posiblemente das boas vias que escalaras en España, persoalmente un 10 de vía, im-pre-sio-nan-te!! Foi aberta por Mavil Palop e sae en seis longos de 6a, 6b+/6c, 6a+, 6a, 6a e 6a+/b, o primeiro e segundo longos poden unirse comodamente, felicitacións para o aperturista por crear algo tan bonito. Diego botará de menos non facer esta vía pero non se pode facer todo!!. En fin… ás 17:30 saimos de El Almorchón e as 2:10 en Lugo e Martin para Huesca pegándose tamén o seu palizón, esta vez eu son algo culpable da súa paliza! como sempre gracias aos colegas por facer que esta vída sexa un auténtico pracer de vivir!! Fotos, fotos…
Ningún comentario:
Publicar un comentario