O 11 de novembro quedei con Toño para escalar unha vía nova que abriron uns mozos de Pamplona este verán na Visera, chámase Zuzen, logo me enteraría de que significa “directa” en euskera; realmente trátase dunha liña bastante directa! Ese día todo o mundo decidiu ir á Visera, había cordadas na Mosquitos, Zulu, Fiesta, De Naturaleza…. O Pison creo que baldeiro, son cousas da vida!!
O primeiro longo é común coa Popeye (este viote que vai á dereita da Fiesta de los viceps abrírono Toño e David hai uns anos) e logo continúa paralela a esta ata a cima, entre a Directa e a Popeye, cunha saída moi lograda, e, aínda que pareza que as vías aquí van un pouco con calzador non é así, está perfectamente buscada e non se mete en territorio de ningunha outra; é unha boa liña que posiblemente chegará a ser unha clásica de dificuldade. Os aperturistas propoñen cinco longos con este grao: 6b, 6c, 7b, 7a+ e 7a+, o último de 57mts; nós non encadeamos os longos duros pero a nosa sensación foi de que o segundo longo era algo máis forte, como de 6c+/7a (tamén é o máis roto) e o último longo de 57 mts pode dividirse en dous (facendo unha reunión da directa que está practicamente ao lado) saíndo aproximadamente de 6c (25 mts) e 7a (32 mts). En conxunto unha vía estupenda que cando estea máis limpa será magnífica, os meus parabéns para os aperturistas! Podedes ver o croquis en recstones
Ningún comentario:
Publicar un comentario