martes, 6 de novembro de 2018

Ubiña: Espolón Oeste + Integral... camiñando polo lombo do dinosaurio!

Día de training por Ubiña, superintegral... he he, unha boa malleira!! Esta historia comezou hai un ou dous anos, un día que andaba por internet e vin un relato de Fernando Calvo sobre esta actividade no blog guiasdelpicu, comezaron a crecerme os caninos e quedei coa idea aí fixada no subconsciente, pasou o tempo sen presentarse o momento mais a espiña seguia cravada, ata que, despois desta macronevada anticipada e deste outono invernal, o sábado pasado a méteo daba unha tregua cun sol espectacular, falei con Manu, que sempre está disposto para o training, e aló fomos na procura dunha das arestas más longas e interesantes que se pode facer na cordilleira. Preciosa actividade, como di Fernando... 10 cumios dun asalto!!
A actividade é longa e, para ser algo rápidos, hai que ir fino e moverse cómodo en territorio comanche, buscar a rota nalgúns momentos e saber onde sacar a corda dependendo das habilidades de cadaquén. Nós tivemos un día espectacular de sol, o peor foron as condicións da neve, primavera azucar na que habia que abrir brecha ata a cintura e cando aparecia na aresta complicaba a trepada pola falta total de consistencia, unha cabronada que nos foi respectando ata chegar ao Siete pero a partires de alí se fixo moito máis presente convertindo algunas seccións en terreo algo expo. A baixada pola canle do Prao enterrándonos ata o pescozo xa sobraba, unha loita contra a neve, alén de que acabamos empapaos... Todo vantaxes!! 
Foron 12h de coche a coche, periodizando: saímos do coche ás 6:30, comezamos a trepar na parte baixa do Espolón Oeste sobre as 7:45, cumio de Ubiña ás 11h, cumio do Siete ás 14:30 e cumio do Fontán Norte ás 16:20, descenso pola canle do Prau e chegamos ao coche ás 18:30. 
Material: coido que cunha corda de 60mts, friends do 0,5 ao 3, uns 4/5 entaladores medianos e algunas cintas para alongar ou lazar algún bloque teremos abondo, principalmente para os resaltes iniciais do Espolón Oeste, e nalgún outro lugar onde consideredes encorvarvos, porque a ascensión ao Tercer Castillín está completamente equipada con pitóns, tanto no Ae, como no resto do longo, aqui é onde mais cintas precisaremos, creo que en total 8 son suficientes. Reportaxe fotográfica completa...

Manu comezando o corredor de inicio do Espolón O. coas primeiras luces. A neve sen transformar a primeira hora xa nos avisou de como ia ir o tema!!
O meu compi apretando no inicio do primeiro resalte, en total son tres resaltes pero este comezo é o máis difícil sen dúbida!
Chegando á parte superior do espolón!
Precioso camiño polas estrelas!!
Montañas de fantasía!!
Cumio de Ubiña, son as 11h.
Comezando a Integral, descendendo cara o Prau Capón pola aresta que se segue moi ben, intentando non tocar esa neve traidora, o cal non sempre era posible!
Manu destrepando... máis embaixo vese a vira que, pola parte de León e facendo unha Z, nos permite destrepar para seguir enlazando aresta.
Día espectacular... Prau Capón e camiño de Puerta de Arco.
Ascendendo Puerta de Arco, o inicio desde embaixo cóllese nunha pequena canle á esquerda do fio da aresta.
Manu abrindo brecha para acceder aos Castillines, nestas canais tivemos que sacar o tractor e tirar de reductora!!
Na brecha que separa o 2º e 3º Castillín, Manu examinando os pitón onde comeza o Ae do 3º Castillín.
Un pedal lixeiro veunos de libro. En todo caso está cómodo!
O resto do longo é IV e está equipado completamente con pitóns.
Esta vira hai que buscala para atopar o rápel da via dos Mierenses. Cun rápel de 30 mts estamos embaixo!
Chegando ao cumio do Siete, e sempre fuxindo da neve!!
A partires de aqui faise moi presente a neve sen transformar en toda a aresta, hai que ir máis atento e moi fino.
E revolcarse polo azucar de cando en vez!
Manu comezando as Agujas Rojas, o acceso faise por unha vira lateral que se pilla pola parte de León, para chegar a esta especie de canle.
Este é un pasiño que hai nesta preciosa crista e que estaba algo expo pola neve sen transformar que o cubria.
Non atopamos o rápel de descenso do Canalón del Buey... seguimos pola aresta para non pisar moita neve pero finalmente tivemos que montar un pequeno rápel dun xendarmiño porque ese destrepe non o viamos claro! Manu colgao do penedo!!
Continuamos a toda crista, o Crestón del Pasu Malu espectacular!
E camiño do Fontán Sur, neste lugar atopamos a única neve que estaba algo transformada... polo vento!
Cumio no Fontán Norte...
A baixada pola canle do Prau enterrándonos ata o pescozo tivo algo de loita épica, e empapados ata os gallumbos. Sempre gozando!!

4 comentarios:

  1. Inspirar a un jabali como tu es un honor !!! Jijijiji
    Como nos va el barru....

    ResponderEliminar
  2. Grazas!! No seas modesto Fernando... los guides teneis que inspirarnos!! ha ha!!

    ResponderEliminar