xoves, 14 de setembro de 2017

Roca Narieda: Pánic timpánic

Descubrindo paredes! Saímos da Dent d´Orlu por treboada e na procura dalgún outro muro no que trepar. Juan, Martín, Julián e Ángel tiñan que currarse os churripuntos coas respectivas familias, sempre gozando!, porén, antes de marchar, Ángel recomendounos unha vía na Roca Narieda... e como hai que facerlle caso aos locales aló fomos Álex, Josele e un sevidor a darlle estopa a esa parede, discreta que non modesta, mais de aspecto similar ao Half Dome, e coa particularidade de contar cunha parte da parede practicamente á sombra case todo o día. Infelizmente Álex tiña os pés fastidiados e, despois de acompañarnos ata o inicio da vía e probar os gatos, decidiu que lle doían demasiado como para aguantar ese sufrimento toda a vía, unha pena! Ergo... tiven a "desgraza" de compartir aventura con Josele, he he.
A Pánic Timpánic é unha vía moi interesante, con algúns longos realmente preciosos, aberta en bo estilo e co selo dos aperturistas, con certo carácter nalgún punto e equipamento suficiente aínda que de todo tipo. A rocha non é ningunha marabilla mais tampouco é mala, nótase o traballo de limpeza e, talvez, sexa a orixe do nome da ruta... non é mala rocha mais case todo o que tocas soa así como pouco consistente, como se bateras nunha parede de cal e non nun muro de formigón, no sei, coido que me explico... mal son para os oidos! ha ha!! Toda a info con bosquexos variados en escaladorenpracticas.

Josele ataca o L1, 6b,  por enriba había unha placa moi fina e, probablemente, do máis obrigado da vía, alén de que te pilla frío... iso si, o pitón está perfecto e é novo!
Foto que nos fai Álex no L2, 6b+, ese diedro desplomado é excelente, do mellor da vía sen dúbida.
Josele meténdolle caña ao L3, 7b, outro bo longo se tes o grao, mais é unha placa moi dura... pasamos o máis dignamente que puidemos!
Longazo que se currou o meu compi, con estilo pedricero e con oficio de danzar sobre as placas!
Outra plaquiña fina na saída do L5, 6b.
Josele agarrando a bavaresa final do L6, 6a+.
O L7 é outra xoia, 6c, nese nicho descansas antes de meterte no desplome brutal.

Alucinante fenda de saída, hai cacho mais... "separate reality" he he.
Un galego e un vallecano batallando contra muíños que son xigantes, un pracer amigo!

domingo, 3 de setembro de 2017

Granito francés na Dent d´Orlu: Ithaque

Coñecer novos lugares é fascinante porque os inicios sempre teñen algo máis de aventura, alén de que cómpre afinar a estratexia para non saír humillados, mais, como diría Isabel Allende, o éxito ou o fracaso non existen, son ilusións que creamos para cuantificalo todo... o que existe é o camiño, ese si é real e propio de cadaquén! Este lugar medio perdido do Pireneo francés resume tres características que me namoraron: longuísimo, técnico e alpino. Kilómetros de granito para degustar nun medio climatolóxicamente cambiante e bastante salvaxe, con baixadas complexas e estratexias a estudar dependendo da parede que escollamos. Desta vez a escapada foi de risas e amizades no zarrio de Julián, con Martin, Alex, Josele, Angel, e Juan... toda unha tropa!
A Ithaque é un rutón, os longos da parte superior son un pracer para os sentidos... se vos gusta o granito esta via é enormemente recomendable: técnica, difícil de ler a vista e bastante física. A nosa primeira idea era facer La Challengue, enlazando a Ithaque con L´Odysée e saír polo cumio... empresa longuísima para a que precisabamos deixar un coche na cara leste e evitarnos a baixada inmunda polo bosque (previsiblemente de noite e sen coñecer... vivac asegurado!). Como chegamos moi tarde ao aparcadoiro da cara sur rexeitamos a idea... o que aínda foi unha sorte porque, segundo nos decatamos despois, a empresa completa é longa e dura, xa nos chegou a Ithaque, que nos deixou suaves, como para meterlle outra similar por riba. Para facer La Challengue cómpre aclimatarse un pouco á zona e acostumarse aos palizóns, e mellor que a cordada sexa rápida porque son moitos longos bastante físicos e vante derrotando. O bosquexo en dúas partes cortesía de luichy. Tamén podedes ver o enorme artigo de Armand Ballart no Desnivel 175, aínda que actualmente hai algunha vía máis e outras foron reequipadas... máis info no CAF.
O bosque de acceso non é ningunha broma, he he, a parte final é case vertical e se caes non paras ata o fondo da barranca!!!
Martin nos primeiros longos tumbados da vía, ensamblamos algúns aínda que corría auga e algúns pasos estaban delicados.
Ángel tira millas por un V+ plaqueiro da parte inferior. O muro superior impresiona!!!
Por embaixo Josele e Álex séguennos... e máis abaixo Julián e Juan... todos pola mesma liña!! Un mundo enorme de granito!
Martín comeza a atacar o muro superior por un V+ que no bosquexo indica "desplome de hierba", ha ha, tiña que pasar por riba dese mato e era certo o de "desplome de herba".
Ángel e eu relaxados na reu... menos mal que o "desplome de herba" lle tocou a Martín porque a cousa soaba fatal!!
O L9 é unha fenda de 6b+ preciosa. O xogo muda aquí e a escalada convírtese en técnica e física. Soberbia!!!
Comezando o L10, outra marabilla de 6c+, co patrocinio de R-GRIP, he he.
No mesmo longo, un pequeno diedro cun paso cabrón tiroume... ao meu favor dicir que había unha planta no pior sitio para tocar os fociños, he he!!
No diedro do L11, concentrado no magnesio!
O mesmo diedro de 6b, outra gozada que ao final se puña cachondo!! Non hai máis fotos pero ainda nos quedaban varios longos, 6b+ de regletas, 6c/A0 de placa fina e dura e bastante obrigado, 6c+ cun teitiño técnico de granito con fenda cega, 6a+ técnico que na parte superior ten algo de terra e V+ por un diedro bastante sucio... a bicha era longa e apretona, ha ha, todo vantaxes!!
O descenso despois dos rápeles polo bosque ese... case pedia piolets para herbatracción!!! había temita!!!

martes, 8 de agosto de 2017

Peña Santa: El reino de León

Saudade de regresar a Vegahuerta despois duns cantos anos... desta vez co Richar. Mantiña na menoria a autenticidade da Peña Santa mais a conciencia xa esquecera que este segue sendo o lado salvaxe dos Picos, en certa medida isolada e dalgún xeito insondable, de dimensións descoñecidas, un universo caótico de formas calcarias e de escaladas que sempre manteñen certo compromiso. A última vez que estiven o chozo seguía no chan (xa case nin se intuía), agora dá para acollerse se veñen mal dadas, porén segue habendo unha boa aproximación e coa casa a costas... para uns días pódeste facer autosuficiente mais difícil pasar longos períodos sen baixar, velaquí unha das diferenzas cos ambientes máis amables! Vias longas e con carácter, descenso complexo e comodidades mediocres e sen asistencia na veiga, o conxunto que procura iso que chamamos alpinismo!
El reino de León e unha vía boísima, que non dá tregua en ningún longo e ten algúns antolóxicos, aberta con estilo e compromiso, percorre un pano de rocha bestial e probablemente dos de maior lonxitude continua da parede, unha xoia!! Talvez algo máis dura do que pon sobre o papel, non a infravaloredes, claramente máis ED ca ED-, e probablemente algo mais obrigada do que indica o bosquexo. Podedes ver un relato hipervitaminado e mineralizado do Richar en trepadas, felicitalo polo bosquexo alucinante que se currou alén dunha descrición por longos, un traballo enorme!!!
Ao dia seguinte formos facer Reencuentro otoñal, por iso de escalar algo rápido para baixar pola tarde ao coche, no L3 demos unhas cantas voltas por non sabermos interpretar o bosquexo que levabamos... o do libro de Adrados. Hai dous sistemas de canalizos, e tentamos os dous, mais ningún se correspondia co grao nin co bosquexo, no que levabamos parecía claramente o da dereita pero... finalmente escapamos como puidemos porque había que baixar ao coche e non era plan andar xogándote un ostión por non saber onde te metes. Despois de ver a guía de Atate coido que está claro que era o sistema da esquerda (pegado á chorreira negra supercaracterística que Adrados nin nomea), había que velo! en fin... noutra vída que xa estamos vellos para tanto cachondeo!! Reportaxe fotográfica completa:
A cara sur da pena: o murallón!
Richar aparecendo entre as néboas en plena forcada do Burro
Mesmiño ao comezo do sistema de diedros que nos transpostaría na vertical!! este é o inicio da variante que fixeron no 99, parece que a máis recomendable.
Richar no L1, V, aqui xa vas vendo de que van os tiros!!
O L2 xa vai polo mesmo diedro, 6a.
Comezando o L3, 6b bastante estético.
No L4, bonita fenda de V+.
Comezando o L5, 6a, nese punto hai unha repisa onde se xunta coa variante orixinal do 98.
Outra foto do Richar nese longo, na placa que hai despois da repisa.
Este é o L6, V+.
No comezo do L7, V+, despois desta plaquiña entramos nunha especie de canle que nos leva ao pé do muro de canalizos.
Impresionante este muro, 6b, e aínda que lle meteron un spit máis segue tendo carácter, é o L8.
Richar no L9, un 6a+ que a min pareceume 6c?, he he!!
Na curiosa placa do L10 pola que te achegas ao Camello, 6a, ao chegar á fenda metes a pracer!!
Richar posando para acceder ao cumio da Piramide, é o L11, V+.
O muro do L12 pareceume moi duro, 7a (6b/A1) aceirando vaise facendo pero hai que escalar entre chapas, prosiblemente obrigue algo máis de 6b??
Richar na parte final dese L12, aínda que a dificultade baixa segue sendo duro, a travesía ascendente era finisima!!
O L14, iniciando o último longo da nosa rota antes de enlazar coa saída de Rescate emocional, V+. Co patrocinio do mellor resolador do universo coñecido: R-GRIP, he he!!
Ao día seguinte... comezando o muro de canalizos de Reencuentro otoñal (MD-), o da foto é o sistema de canalizos da dereita (por onde parece que indica o bosquexo de Adrados), cando estou na metade do muro, sen ver moi ben por onde seguir, Richar indícame que máis a esquerda vese unha ponte de rocha, baixo como poido, que non está nada fácil, e escalo o sistema de canalizos da esquerda (o que está pegado a unha chorreira negra) máis fácil que o anterior pero aínda así non menos de V+, cando estou por riba non o vexo claro e o grao non se corresponde en nada... non sei se estou na vía, non é fácil protexer sen seguros grandes e o tempo bótase enriba para baixarnos ao coche... decido baixarme un pouco mosqueado coa falta de concreción do bosquexo nun lugar tan fácil de describir, en fin... é o monte que sempre nos humilla!!
Descendendo, co rabo entre as pernas, polos preciosos bosques da vega de Llos.


sábado, 29 de xullo de 2017

Ansó. Parede de Ur: Camille

Este val ten a maxia e a poesía da natureza, beleza para namorar e un montón de metros de rocha para xogar. A nosa rota lembra e homenaxea ao último oso autóctono da cordillera Pirenaica... Camille desapareceu, parece que morreu de vello, ao contrario da súa predecesora Cannelle. Lembro vela na prensa, morta pola senrazón humana, a última femia de oso pardo pirenaico morta a tiros, os humanos deberiamos repensarnos e reinventarnos porque non poderiamos facelo pior, para a natureza somos deuses caprichosos e egoístas co poder de destruír e destruírnos... uns salvaxes... uns sádicos sen valores nin respecto!
Camille é unha rota boísima, clásica do val por dereito, unha obra máis de Luzio Eguiguren e no seu estilo de apertura: solitario e semiequipado. A vía vai na procura das fendas e diedros dunha das partes máis bonitas desta parede, con bastantes seguros fixos mais haberá que porse as pilas cos friends e escalar entre seguros; o cuarto longo é a beleza, o diedro de continuidade que todo escalador/a debería degustar, nel precisaremos todos os seguros recomendados! Cómpre levar 15 cintas e friends ata o 3 (non fan falta os entaladores), se ides no verán tampouco debedes ter presa porque ata as 15h non dá sombra na parede, o descenso pode facerse rapelando pero acho que é moito máis seguro descer andando, alén de que non creo que se tarde máis, nós baixamos nunha hora, se só tedes un vehiculo haberá que facer 2 km de estrada polo que lle sumaremos 15/20mn. Bo bosquexo de Luichy en lanochedelloro
Toño comezando o L3, V+.
Comezando o L4, 6b+, longo de conti  realmente precioso.
Na parte superior do mesmo longo
O meu compi comezando a travesía do L5, IV+, atentos porque a primeira reunión que atopamos é de Harrimiña, a nosa queda algo máis á esquerda
Como imos falando e de risas fixemos a reu de Harrimiña e saimos por esa placa desplomada, algo rota e apretona, de segundo pareceume algo así coma 6c+?? (V+A0). A nosa vía vai polo diedro da esquerda.
A Harrimiña vaise á dereita, cando nos dimos conta de que iamos atoallaos... houbo que rectificar e mudar de diedro, na foto Toño lazando ramiñas para voltar á nosa rota!!!
Precioso o Tozal de Espelunga e, ao fondo, o Pilar de Ansó. Este val cada día gústame máis!!
Toño rematando o L7, 6b, moi bo longo cun final algo herboso como podedes ver!
O L8 parece de transición pero hai que falelo, IV+, con fendas onde meter a canón!
De vez en cando aínda asistimos ao "milagre das pedras florecidas"
Toño saíndo ao cumio, este último longo de 6b+ ten a guinda xusto na saída!