Estabamos a finais de xaneiro e as condicións de Ubiña eran case estivais. Inverno de corte primaveral ou, talvez, sendo máis preciso, clima estacionario de choivas tropicais, ben deseñado estilo ecuatorial, templado semi-humido modelo caribeño, precedido doutra estación seca e cálida, propia dos vales andinos, porén aquí non temos altura para poder dicir que tamén temos "frío en altura". Se a neve non se deixou ver o xeo é unha ilusión coa que soñar efimeramente só se viaxas aos paises do norte. E alí estábamos, todo o ENAG (Equipo de Nov@s Alpinistas Galeg@s) facendo alpinismo sen neve, sendo precisos quedaban algúnhas campiñas brancas na cara norte, foron caendo a Integral, engadíndolle a Norte Clásica, e o Espolón Oeste. As condicións non axudaban pero nós pasámolo xenial, boa finde.

E alguén do Equipo lle botou o ollo a este espolón, como recurso de inicio do Espolón Oeste, sen entrar pola canle clásica, algo máis aéreo e divertido! Como tiñamos algún día máis de festa... alá fomos o Josito e eu. O resultado foi o bosquexo que vos deixamos nesta entrada, pasámolo xenial e deixamos algúns seguros para que se poida repetir con certa comodidade, sen esquecer levar certo material para completar a protección. Xa na casa, descubrimos que, había anos, Ernesto e Lucas fixeran unha incursión pola zona (e descoñecemos se alguén máis o puido subir...), coincidindo nun par de longos, e nomearan o espolón como Super-espolón Oeste, por esta razón respectamos o nome coa adxectivación Directo, e incorporamos a liña que eles seguiron ao bosquexo, asi tamén deixamos as dúas posibilidades a futuras ascensións. Espero que o gocedes.
 |
Equipazo na cumio de Peña Übiña, despois dunha cantas horas de arista!!
|
 |
Na Integral, navegando nun mar de rocha quilométrico
|
 |
Toda a banda do ENAG pola arista, agora escalando a Vía dos Mierenses ao Tercer Castillín, hai que darlle para pasar en modo botas por ese V+, he he.
|
 |
O Super-espolón Oeste Directo, alguén se fixou nel e fomos abrilo ao día seguinte
|
 |
Josito comezando o L2 (V+)
|
 |
Outra foto nese mesmo L2 que é bastante interesante.
|
 |
Saíndo das dificultades do L3 (IV+)
|
 |
De novo o meu compi, en terreo fácil na parte superior da arista.
|
 |
Máis arriba, case remando o Super-espolón Oeste Directo, seguimos andando por algo de herba/neve e enlazamos co Espolón Oeste clásico
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario