martes, 12 de novembro de 2024

Montanejos: a maxia das fendas de caliza e outras marabillas locais.

De volta por Montanejos cos colegas, viaxe salvaxe de cada ano, este mudamos Alicante por Castellón, e aló estaba eu moito tempo despois novamente neste canto da península. Montanejos sempre se comporta como un espazo local con sabor a cosmopolita, esa escalada próxima e universal, con vías preciosas en todas as paredes, e sabor único, nese estreito cortado polo Mijares, que supera os límites do próximo e se coloca no mundo dos destinos privilexiados para a escalada en fenda. Neste caso a curiosidade son fendas de caliza.

Xuntamonos unha banda... Martín, Josete, Julian, Ana, Miguel e Mariano. alén da visita de Miguel Anta para sacarnos de paseo no seu territorio, he he. Nesta entrada intentarei sinalar algunhas das vías que máis me molaron, centrándome nas fendas do Estreito e Miradores, aínda que seguro que sairá algunha outra. Entre as outras salientar Monsieur nas Paredes de Arriba, ou da Maimona,  moi bonita vía! Nos Miradores hai que apretar e protexerse con audacia, porén unha factible para comezar é Cristal Oscuro, obra de Maximo Murcia, Pedro Glez e Paco Aguado. Nesta mesma parte do río escalamos a Marcando Paquete, moi boa aínda que algo labada nalgún punto. Outras marabillas que escalamos neste Estrecho de Mijares foron a Blas Gordo, Cris Punk ou El cuarto Ginete, tres xoias, e só son algunhas das múltiples fendas preciosas neste lugar universal. Viaxar a catar estas fendas pode ser un destino programado alén dos kms e do tempo que invistamos.

Martin na parte inferior de Monsieur, 6a+

Martin e Josele agora na parte superior da mesma vía, 6b+
 
Josele nesa placa preciosa da Monsieur, Un Vº que daba gusto escalar.

Ana nunha trave dalgunha outra vía na mesma zona.

Martin nos Miradores... entaladooooooo

Ana e Miguel en Blas Gordo

Miguel apretendo neste bonito longo, 6c.

No último longo de Blas Gordo, 6b

Josele no L1 de Cris Punk, 6b+, que é común co de Blas Gordo

Comezando o L2 de Cris Punk, 6c

Outra foto no mesmo longo

Esta creo que é no L3 de el cuarto Jinete, 7a

Neste lugar sempre un baño termal.... e boas historias cos amigos









 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario