martes, 2 de outubro de 2018

Alcandoras: Pilar de Mª Luisa

Excelentes vibracións neste primeiro contacto coas Alcandoras. Precioso lugar rodeado do contorno máxico da serra de Jaén, con sabor a Montrebei ou Cienfuéns no tipo de escalada e equipamento, probablemente unha das mellores zonas de escalada clásica de Andalucía e, sen dúbida, das paraxes de riqueza natural que a simple vista intúes en todo o que oculta. A riqueza desta serra mediterránea queda agochada baixo un pequeno bosque de piñeiros mais, logo, como inesperadamente, sentes o arrecendo do anís e levantas a vista, aparecen os segredos dos freixos e das aciñeiras mesturándose coas sabinas e os cimbros, e por baixo da tapia, danzando co vento, unha rapaz de cola branca na procura de comida, quen será? sen dúbida o señor do lugar xogando cos nosos sentidos e percorrendo os seus dominios... reclamando a súa presa! agochada a nosa vista de neón como tantas outras cousas que os forasteiros descoñecemos. Decididamente a beleza do bosque mediterraneo albíscase nos sentidos e ocultase ao entedemento!!
O Pilar de Mª Luisa é unha clásica entre as clásicas do lugar, coido que é magnífica para un primeiro contacto e con algúns longos relamente excelelentes que, nunha sucesión de fendas e diedros, recortan a parte esquerda do piar característico. A vía é de grao baixo en xeral, o que non significa que estea fácil, e onde nos tocará xogar cos cacharros adecuadamente, sen correr e gozando das magníficas fendas que a percorren. Unha via recomendable e con algúns longos realmente bonitos, levade un xogo de entaladores, xogo de micros e friends ata o 3 (repetindo o 1 e 2). O bosquexo neste fantástico blog sobre as Alcandoras e a escalada no lugar: alcandoras.blogspot.com

O día anterior Javi levoume aos Cahorros, que bo lugar!!
Javi no L1 do Pilar de Mª Luisa, V+ que hai que facer!!
O meu compi en acción no L2, longo precioso! e apretón, 6a+
No L3, despois da "placa del mogollón de la muerte" e antes de encarar esa cheminea, 6a+
O L5 é un pracer para os sentidos, fenda bestial na que metes de todo, 6a+
Na saída equivocámonos seguro... porque saímos polo lado malo habendo un diedro roto mais humano á esquerda, danlle V+ pero nos fixemos un dos pasos máis duros da vía... na foto Javi botando fume, ha ha... sempre gozando!!!
Como mola ir ben acompañado de guías locais, he he, grazas Javi. A serra de Jaen detrás... un pracer para os sentidos!!!
ALCANDORAS, un lugar para regresar sempre!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario