luns, 27 de agosto de 2018

Corral do Veleta: Extraplomos

Primeira incursión nesta parede na que se escala a máis de 3000 mts de altitude. O Corral do Veleta é o nome que recibe esta zona glaciar situada na cara norte do Veleta... estendéndose á súa dereita, no contraforte ao que chaman Tajos del Veleta, atópanse as vias de escalada. Curiosa parede cunha rocha de lousa esquistosa da que non te debes fiar moito, con singularidade aventureira para curtirse tanto en verán coma en inverno e, polo que me pareceu neste primerio contacto, pode chegar a ser un lugar recio e austero.
A Extraplomos debe ser unha das vías máis clásicas do lugar, sen ser nin moi dura nin moi obrigada compre non subestimala. Ten dúas partes ben diferenciadas, a primeira e plaqueira e de navegar con poucos seguros, a segunda parte é algo máis difícil e ousada no seu trazado, supera os teitos pola zona máis debil, pero cos seguros precisos onde non se pode protexer. Non se pode dicir que sexa unha escalada bonita porque realmente non a é, tampouco é das vias recomendables para gustarte escalando... posiblemente o mellor sexa o lugar onde se sitúa e a característica de estarmos escalando por riba de 3000 mts, cuestión que debedes ter en conta se subides directamente desde o nivel do mar. Bo bosquexo de J. J. Cano en mundovertical, tamen tedes unha excelente guia da zona de Javier Martin, realizada en PDF e que podedes baixar gratuitamente en vertiquality, un exemplo de aportación á comunidade escaladora, modelo que se debería extender para evitar as excesivas publicacións de zonas de escasa importancia que quedan obsoletas en catro dias... unhas fotos...
Angel no L2, IV+ curioso.
O L3 é onde máis navegaremos, V, outra cordada na Fisura Carlitos!
O L5, o máis difícil e tamén o máis equipado, 6c+ que eu nin vin e que se fai perfectamente en A0!!
Despois dun pequeno péndulo vén este curto L7, un diedro de 6b no que os micros máis pequenos serán os teus mellores compis!!
O ultimo longo é un pequeno desplome con canto de 6a+... e un escape cara o cumio polo máis fácil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario