martes, 7 de agosto de 2018

Aresta integral do Pico Cristales ao Balaitous

Espectacular e preciosa actividade pirenaica, unha auténtica marabilla cabalgar esta aresta perto das estrelas! Descoñezo a razón pola que non fora antes, talvez porque me tiñan convidado a facer Diablos ou Costerillou... mais cando navegas polos ceos interesa que a travesía sexa unha aventura do tipo de cruzar algún oceano, un gran azul! Levaba todo o mes vixiando as tormentas para subir ao Piri, a primeria estratexia, que é a máis común, era saír do refuxio, facer as arestas e baixar no día (entrando polo Bco. de Respumoso -camiño normal da Brecha Latour- e accedendo á aresta polo oeste, por unha das canais anteriores á forcada do Canino), porén falando con Martin convenceume de que molaba ir durmir ao Balaitous... era a segunda estratexia... deste xeito podíamos entrar polo Bco. de Respumoso e facer a integral da crista do Diablo (podedes ver este acceso e unha descrición da crista no blog de Óscar: guaravertical). Pero como non hai dúas sen tres... todo foi cambiando...

Pois iso, finalmente a plan definitivo mudou completamente e coido que foi o máis axeitado, fomos durmir á cima do Pico Cristales, porque no refu non había sitio (un vivac cinco estrelas, realmente recomendable), fixemos toda a aresta e baixamos pola Gran Diagonal a durmir ao pé do ibón de Arriel Alto, compartindo parte da aresta e este último vivac con Velasco, Marco e o EJAM que andaban por aló como auténticas motos. Finalmente moi ben acompañado con Pablo e Anxo, dous titáns, novos pero con gran proxección alpinística se seguen tan motivados... a mocidade vén apretando!!
O noso foi horario caracol pero cóntovolo máis ou menos para que teñades unha referencia: 
O primerio día xa tivemos algo de rosca... subimos ata o refu en 2h e continuamos ata o Pico Cristales pola rota normal... outras 2:30h e cunha parte final ben dura para as pernas (pero o vivac merece moitísimo a pena). Hai auga a 10mn de destrepe nos neveiros que quedan ao norte.
O segundo día tardamos 10h en chegar ao cumio do Balaitous. Os tempos repartímolos entre 1h que nos levou enlazar o Pico Cristales coa parte da crista do Diablo pola que se soe acceder desde o oeste (destrepando ao norte e cruzando entre a rocha e a rimaia), na crista do Diablo debemos botar unhas 3h, na crista de Enmedio (que é a que une as dúas arestas... da que ninguén fala pero é moi aérea, algo máis rota que as outras e bastante espectacular) botariamos como 2:30h e, finalmente a aresta de Costerillou levaríanos como 3:30h. Desde a cima do Balaitous ata o ibón de Arriel Alto unhas 2h longas de descenso... tensión por se atopabamos neve na baixada (parece que ninguén o tiña nada claro pero finalmente nin gota... o normal nesta época) e uns vivacs caralludos altamente recomendables ao lado do ibón de Arriel!!! Penso que cunha corda de 50 mts, un xogo de totems (micros e friends ata o nº2) e cintas longas teremos suficiente material. Bua... despois deste rollazo déixovos cunhas fotos... tamén podedes ver a descrición do blog de pablovelasco.
Alucinante vivac no cumio do Cristales
Espectacular posta de sol con todo o que tiñamos que cabalgar ao día seguinte!
Anxo e Pablo destrepando do Cristales para buscar a conexión coa crista do Diablo.
Sen crampóns mellor non pisar neve, he he!!
Metidos en faena... por embaixo Marco e o EJAM entrando na aresta!!
Preciosa! Marco perseguíndonos!!
Aérea!
Espectacular!!
Os meus compis gozándoa!!
Cabalgando poloas estrelas...
... e dun rápel a outro!!
Despois da Torre de Costerillou e dunhas trepadas típicas a dificultade decrece!!
No cumio do Balaitous... e na mellor compaña!!!
Descendendo pola Gran Diagonal
Algo máis ca un vivac... case un refuxio!!!
Antes de regresar unha visita rápida a Riglos... Pablo comezando a entrada directa á normal do Puro!
Fotazas de Pablo co angular na cima do Puro!!! Anxo estaba con Manolo na Zulú,  un pracer amigos!!

2 comentarios:

  1. Enhorabuena por la actividad! Esas fotos son de las que invitan a ir al personal. Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Buena rosca Óscar, si vas no te pierdas el vivac del Cristales pq es la polla!!! he he,. a ver si nos vemos por el monte titán!!!

    ResponderEliminar