luns, 9 de xullo de 2018

O Torozo: Galayos + Gran Diedro + Los Amigos

Levaba anos sen ir ao Torozo e non sei por qué, é cómodo de acceso e sempre tirei boas sensacions dun risco emblemático para os habitantes deste val máxico do corazón de Gredos. En San Estevan estaban de festa e, na rúa, un home vendía varios libros da súa autoría, a poesía e narrativa mesturábanse na súa mesa, el contounos que os conflitos durante a guerra civil foron moitos na zona, e en concreto no Puerto del Pico deuse unha lea ben importante, e mercámoslle un estudo que fixo sobre a cuestión, o libro chámase Covalverde e o home Santos Jiménez, e comeza falando do Torozo: di que desde o val... "se ve siempre encima el risco, elevándose sobre los pinos, los olivares y las viñas, como alas de piedra despegadas que se fueran a a lanzar sobre el valle, protectoras y amenazantes a un tiempo. Las gentes del campo y los pastores leen la hora en sus sombras." Eis a esencia dos habitantes do val, velahí o Torozo das néboas e as lendas!!!
Xuntarme con Martin e Josele é unha relixión... sempre rezamos e alabamos ao señor por facernos participes dun bocadiño de paraíso, simple desconexión e risas das boas, algo de humilde felicidade... O primeiro día fixemos a Galayos e repetimos pola tarde no Gran Diedro, e o segundo a via de Los Amigos... e para casa que había viaxe. Cóntovos algo das tres vías:
Galayos: boa vía que comezamos pola variante do espolón de placa pedriceira (aconsellable), e que continúa por fendas e placas fáciles e bonitas, recomendable para iniciarse no Torozo.
Gran Diedro: rota clásica e fácil para rematar un día glorioso. Fendas e diedros preciosos de grao baixo, para gozar con todos os sentidos.
Los Amigos: magnífica rota que adquire algo de carácter nos dous últimos longos, co grao máis tipo galayos e que nalgún momento te obriga a ir buscando a rota, alucinaredes moito no longo do diedro perfecto e a travesía fina, póñanlle o que lle poñan nos bosquexos ese longo non baixa de 6b, e, para rematar o xogo, un A1 no que sacar algo de oficio e que se parece máis a un A2, en fin... preciosa vía e moi recomendable!!
O Torozo: risco no que se len as horas desde o val!!!
Josele comezando a Galayos, tres longos plaqueiros que recordan á Pedriza, 6a.
Era o día do Orgullo Gay asi que Josele se puxo uns pantalóns adecuados e como pasara alguén lle tiraba os trastos, he he, Aqui no L2, 6a.
Martin no L4, para gozar relaxadamente, V.
Josele chegando á R5, un longo ben bonito, 6a.
Martin rematando o L6, V,  unha trepada de 70 mts de IIIº nos levaría ata o cumio

Baixamos a canle e buscamos o comezo do Gran Diedro, Martin comezando... vese ben que é un gran diedro!"!!
Outra rota cómoda e superdivertida, aquí no L3, Vº.
Deixárome o diedro perfecto para gozar da escalada, V+. o L4 é o mellor da vía sen dúbida!!
Ao día seguinte fomos a Los Amigos, Martin comezando entre árbores... por aí vai!!!
Mentres unha planta con especto de antroido nos miraba como destornillándose!!
Este é o final do L1, o grao aqui xa conta de forma diferente, é IV+.
No L3, un Vº ben bonito!
No L5 alucinas con este diedro, vertical e con canto pero de pés finos, unha marabilla! só o diedro será 6a?
Pero o longo continua cunha trave de antoloxía, fina fina, en conxunto o longo non baixa de 6b pero é realmente precioso e dalle algo de carácter á vía.
O último longo é A1, pode que o collera mal porque para subirme a esa placa e chegar ao segundo pitón pasei un apretón, en fin...
Ainda así a saída parécese máis a un A2 que a un A1, levade un totem azul (ou similar) e un entalador do nº1.
Enorme pracer camaradas!!!
Desde o cuimio, sempre vixiantes!!!

1 comentario:

  1. Un placer igualmente, buen sitio y buena compañía para cacharrear con el granito!!

    ResponderEliminar