venres, 28 de decembro de 2018

El Chorro: Mal de ojo

Intentando que isto non esmoreza e retomando vida diante do computador... esta vez nunha vía pracer e nun lugar que cada vez me gusta máis. A miña concepción do Chorro mudou ultimamente, deixou de ser un lugar de escalada deportiva para convertirse en algo máis: unha auténtica escola de deportiva na que podes procurar desde certo carácter en tapia ata vías de aventura onde pór a proba habilidades máis complexas.
A Mal de ojo é unha rota excelente e perfectamente equipada, vai na procura das placas grises que percorren este pano das Frontales e buscando a maior cantidade de metros posible na verticalidade. O L1 pódese saltar entrando pola dereita en zapatillas e o L3 comeza algo a  bloque e pode collerte frio mais, a partires de aquí, a sucesión de longos plaqueiros vai de bonito a marabilloso, principalmente os longos 4-5 e 8-9, que seguen un panos de rocha inmellorable. Bosquexo perfecto na páxina de bernabefernandez.
Titín comezando o L2, V+.
De novo o meu compi, esta vez comezando as dificultades deste bonito L5, 7a.
As placas perfectas do L9, 6c+.
Outra no L9, para encadenar esta sección hai que ir moi fino!!
Titín comezando o L10, 6a, despois deste longo e 50mts de terceiro chegamos ao cumio.
No cumio e na mellor compaña!! Enorme Titín!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario