luns, 26 de outubro de 2009

Goulotte du Croissant

O inverno pasado con Matu e David fun ao Pabellón facer a Goulotte du Croissant, un corredor clásico dos que merecen a pena no macizo do Telera (Serra da Partacua). O diedro xeado é moi bo e os longos superiores van máis encaixonados dando unha sensación de gran ascensión, por outra banda a lonxanía respecto a outras rotas do Telera (2h de aprox e 2h máis de baixada), unido aos case 700 mts de vía, danlle un carácter máis alpino á actividade.

O descenso máis rápido faise pola canle de Pacines, porén cando cheguemos a unha zona máis vertical teremos que facer unha pequena travesía á dereita (no senso da marcha), que pode estar algo delicada, para acadar unha canle máis ancha que nos deposita na pista sen problemas.

David e Matu subindo a canle da media lúa, despois do primeiro resalte mixto no que, segundo as condicións, hai que ir con coidado

Na pate superior da media lúa, vemos o diedro xeado onde se concentran as maiores dificuldade

Comezando o diedro, bastante vertical, algo de mixto, xeo xusto, fendas para meter ferralla, un pracer...

Matu saíndo da reunión do gran bloque

O corredor pechado da parte superior

David na saída do corredor, último longo para pisar cumio


2 comentarios:

  1. Curiosidad: http://www.eldiario.es/campobase/opinion/el_legado_de_inaki/Oh_la_la-que_bochorno-El_legado_de_Inaki_0_386711671.html

    "Era un bonito corredor, con un muro de hielo al principio y bellos resaltes. Le bautizamos ‘Bochorno glaciar’" (...) "Por eso me sorprendo al ver en el citado articulo dibujada nuestra línea y ver que le llaman “Goulotte du croissant”, “abierta” en 1994, adivinan ustedes, por unos franceses "

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues si, esto pasa mas de lo que parece con corredores y vias de montaña clásicas. Hace muchos años, en Peña Ubiña, mi compañero se encontró mal por la mañana en la ermita de Torrebarrio, para no perder el dia (pq no era más que una diarrea) decidí subir solo por un corredor fácil, años despues lo vi publicado y referenciado (creo que le llamaron Corredor del pilar sur), y puede que ya hubiese subido alguien antes que yo, en fin.. en el futuro el nombre no importará pero, gracias a ti, sabremos que lo iniciaron Iñaki y sus colegas un dia de "Bochorno glaciar"!! Gracias.

      Eliminar