venres, 13 de novembro de 2009

Deportiva en Siurana

Ñapeos apretóns, pés inmundos, bidedos e monodedos, chapaxes psicolóxicos e voos xenerosos en placa desplomada, así é a intrahistoria desta escola catalá do Montsant situada na comarca do Priorato en Tarragona. Siurana é unha das grandes, conta con múltiples sectores e vías de todas as características e graos, triunfa a placa desplomada pero tamén temos vías fáciles e desplomes poderosos de gran dificuldade.

En outubro fomos un par de días a descubrir os seus segredos, María, David, Gumi, Mari, Martín e eu, faltounos tempo para saber máis de Siurana, sería preciso estar moitos máis días para traer algún segredo substancial pero o equipo era fantástico e, amais da escalada, o convivio foi espectacular, sempre se pode trepar máis pero tamén cómpre valorar as risas e o cambalache, un pracer que hai que repetir, e Siurana é un sitio excepcional para trepar e para compartir.

Non hai moito máis que dicir, o segundo día tivemos algo de aire e houbo que sacar o plumas pero seguimos apretando, o vento era algo desapacible cando nos "des-plumabamos" e os dedos estaban algo fríos ao principio pero cando quentabas era a temperatura ideal. Ben... vaia rollo... déixovos con algunhas fotos.


Mari apretando no Triangulo, un V+ do Melafots

Gumi comezando Llobato, un V+ de entrada apretona para quentar


Martín quenta os popelles en Gat reggae, 6c


Martín, de novo, agora apretando en Pizza de pinya, un 7a+ duro pero realmente recomendable


Outra foto comezando Pizza de pinya, 7a+

Unha toma de Mayling, 6c


A máquina de trepar en Cargol treu banya, 7a. Apreta bicho!!


María rebentando Burden chuchen, 6c


Boa foto e boa realización ao flash de Valga´m deu quin partir, bonita vía de 7a+


Pé de vía "amoroso", se te pos de costas Mari e Wanda asáltanse!!


David buscando chorreras en Pota d´elefant, 7c+ a bloque.


Remata o día en Bistec de biceps, un 7b+ moi bo que tamén ten un paso de bloque poderoso

Ningún comentario:

Publicar un comentario