martes, 17 de novembro de 2009

Cavallers con chapas

Bohí... Cavallers... Alta Ribagorça... Lleida máxica, lugar de trasnos e diaños, espazo de aventura que sempre relacionei con escaladas clásicas, aristas inacabables, longos corredores mixtos e cascadas de xeo, das mellores da peninsula... pois si, pero tamén hai unhas vías deportivas magníficas, nun granito alucinante.

Este verán foi realmente caluroso en Huesca e Lleida, escolas como Rodellar estaban ateigadas de escaladores/as suando a gota gorda, imposible apretar cos aires bochornosos que se pegaban aos desplomes calizos. En xullo e agosto, se podes, hai que fuxir de escolas como Rodellar, deste xeito fomos probando outros lugares onde a temperatura te respeta, un destes sitios foi Cavallers, e teño que dicir que a sorpresa foi enorme, neste paraxe precioso hai unhas vías que se non existisen teriamos que inventalas, se queres gozar de boas vías deportivas en granito vai a Cavallers. Visitamos La Parez Inerte, sector a esquerda da presa, pero o verán que vén hai que volver con mais días...

Pé de vía privilexiado co embalse de Caballers ao lado, adiviñades cal é o máquina e cal o mindundi?

Unha cordada á esq. na Directa americana (6b+) e á dta. David en La babosa (6c) as dúas do mellor do sector, e do bo que podedes escalar en granito.

Outra toma de David en La babosa, atención ao baixar porque ten 40 mts, hai un arbol que nos pode axudar a facer un apaño

Pé de vía e María asegurando; agosto con forriño é un bo rolliño!!!

Placa fina e apretona en Mi muñeca favorita, 7b

Outra foto de Mi muñeca..., David encadénaa en dous instantes


Rematando o día en Licencia para volar, 7b

Ningún comentario:

Publicar un comentario