domingo, 25 de outubro de 2009

Thanatos

Outra visita a Gavarnie, este circo ten unha enorme concentración de cascadas alucinantes nun espacio que, tratándose do Pireneo, ten grandes características alpinas. Calquera cascada de Gavarnie é unha proba física notable para os escaladores, ademais aló todo é máis longo, máis duro e máis salvaxe do que a simple vista aparenta, isto unido a fácil aproximación fai que todos os invernos se concentren gran número de cascadistas, ultimamente quizais demasiados, o cal é indicativo da auxe que está a ter a escalada en xeo no noso contorno.

Esta vez fun con Edu a facer Thanatos, unha cascada que no momento da súa apertura foi considerada das máis difíciles de Europa, daquela considerábana de VIº pero co tempo baixarona a V+, grao que cremos que se lle adapta perfectamente na actualidade, creo que hoxe xa se pode considerar coma unha gran clásica. Son cinco longos magníficos, principalmente a columna do terceiro, esta equipada para rapelar aínda que nós non atopamos a 1ª reunión que descendimos dun abalacov.

Edu no 2º longo, enriba de nós vese ese guapo colunnote

Comezando o 3º longo

Máis sobre o 3º longo

É que este 3º longo é boisimo, paga a pena repetirse!


O último longo, algo podrido pola cantidade de neve caída pero tamén moi bo

Edu preparando a cornamenta para rapelar!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario