venres, 23 de outubro de 2009

Verán en Alpes: Macizo do Mont Blanc e algo máis

O verán de 2008 fixemos un par de escapadas ao macizo do Mont Blanc, tantas escaladas alucinantes en tan poucos km sempre dan a sensación de que hai moito por facer... este macizo é un sitio privilexiado para facer alpinismo e cada escalada é unha aventura que a climatoloxía e as condicións che teñen que permitir.

Con Manu e Pablo (de Ourense) fixemos a Kufner (M. Maudit) e a Verte polo Whymper e un intento ao Pilar Central do Freney que unha nevada nocturna de 20 cm nos truncou, esa vez Manu e eu non demos nin chegado ao collado Eccles e, aínda que xa nos avisaran por radio desde o refuxio Torino, cando regresamos ao vivac Eccles, aínda de noite, as nosas caras eran un poema de frustración e impotencia, supoño que iso tamén é alpinismo pero son moitas veces nas que os catromiles dos Alpes nos teñen rebentado os proxectos.

A segunda escapada foi curiosa porque aínda que non puidemos facer o que pretendiamos (por un frente que viña desde Inglaterra varrendo toda Europa) fomos aproveitando ben as nosas posibilidades e salvamos unha viaxe que, en principio, pintaba mal. Esa vez fun acompañado de Matu e aló quedamos con David e María, máis tarde tamén nos atopamos con Pablo (torpedorrr), Alberto (cibor) e Jesus (a máquina dos tresmiles) aínda que non coincimos para trepar con eles xa eramos un bo equipo para un par de noites de risas. Ao final fixemos o Espolón Frendo (aiguille du Midi) e marchamos para o Gran Paradiso escapando do mal tempo para facer a Norte Directa, se chegamos ter un día máis de bo tempo acababamos facendo o Cervino por Italia, ao final fuximos para Ailefroide (Ecrins) pero ao día seguinte de chegar desencadeouse o inferno e acabamos en "Rodillar", de oca en oca e tiro porque me toca!!

Anteriormente estivera con Pablin de Huesca facendo o Charlet-Bettembourg na Chardonet, a Arista de Rochefort e o Chere-Trenchant ao M. Blanc de Tacul. Hai van algunhas fotos das díferentes actividades feitas no macizo do Mont Blanc ese verán.

Manu e Pablo na Arista kufner cando o sol nos comezaba a acariñar

Saíndo da Arista Kufner, cara ao Mont Maudit

Ao comezo do Charlet-Bettenbourg na Chardonet, caera unha boa nevada!

Na cima da Chardonet, detrás as Courtes, as Droites e parte da Verte, e por riba delas a sobresae a norte das Jorasses

Arista de Rochefort, foto repetidísima pero non por iso menos bonita

No vivac Eccles, comezaba a nevar xa pola tarde e a cara de circunstancias mostra a preocupación polas condicións da parede.

Paso de Vº na parte de rocha do Espolón Frendo

Un descanso na parte final do Espolón Frendo, uns 2300 mts por debaixo Chamonix

Baixando da Vete, fumos solo cunha corda e para baixar mellor levar dúas, hai que cargar con elas claro!
Na arista que continua o Chere-Trenchant ata a cima do M. Blanc de Tacul. Detrás vemos os Drus, a Verte, as Droites e as Courtes

Ningún comentario:

Publicar un comentario