venres, 23 de outubro de 2009

Riglos: Chinatown

De novo na Visera para trepar outra xoia riglera. A Chinatown é unha vía das que, sendo impresionante, non ten tanto aire como as súas veciñas, evita a maioría do desplome pola esquerda e, aínda que ningún longo ten desperdicio, o desplome de 6c que salva o teito pola dereita é fantástico.

Os primeiros 3 longos son comúns coa Guirles-Campos e o 1º e 2º poden enlazarse perfectamente, logo a vía vaise á dereita seguindo este corner magnífico que fai a Visera para pasar por baixo do teito e superalo pola dereita meténdote por todo o desplome, o longo de 6b que vai a esquerda do corner e o de 6c que supera o teito pola dereita son boísimos. A canle de saída ten un paso bastante difícil pero está perfectamente protexido.

Dúas cordadas na Visera, na Fiesta e na Chinatown

Martín almorzándose o primeiro longo, un 6b de aguantar que te pilla frío

Primeiro longo no que nos separamos da Guirles, un precioso 6b entre a luz e a escuridade

Martín no mesmo longo, pódese ver o teito que salvamos pola dereita

O máquina gozando neste fantástico 6b

Chegando a reu baixo o teito

Un tipo guapetón que me atopei baixo ese inmenso desplomaco

Saíndo da reu para atacar o 6c, un gran longo.

Entrando na canle de saída, aquí hai uns pasos finos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario