xoves, 22 de outubro de 2009

Riglos: Fiesta de los biceps

Outro ano que se vai a calor en Riglos e outras vías para gozar, escalar as tapias rigleras nunca nos deixará indiferentes porque o pracer de trepar e Riglos son sinónimos, esta vez foi La fiesta de los biceps, coa mellor compañía, Martin escalou comigo e David e María forón por El Zulú demente.

A vía está reequipada con parabolts e, aínda que ás veces alonxan algo ao estilo riglero, podemos dicir que é un modelo perfecto de reequipamento. Por internet anda algún bosquexo que marca 8 longos pero con 15 cintas se pode facer en 6 longos, saltándonos a primeira e a quinta reunión (a que está uns metros á dereita da reu da Chinatown baixo o teito) e sen facer a vía máis dura.

Mención especial para María que era a primeira vez que se metía no deplomaco da Visera e, aínda que power non lle falta -e biceps tampouco-, hai que ter a cabeza afeita para subir por este macrodesplome.

O Cuchillo, o Frechín e a Visera, na foto falta Maria que foi a artista

Martín no primeiro longo, a máquina de apretar!

De novo Martín actuando no 2º longo, 7a fino

4º longo de 6c, onde o desplome se pronuncia

Desplomaco inmenso na Visera, vese perfectamente a liña de magnesio

David e María fannos boas fotos para mostrar o patio

Isto chámase agarrar o bolo, mellor os enormes que os grandes!

David saíndo polo último longo da Zulú, 7b

Foto no cumio da Visera, xa estabamos afectados polos aires turbios que se respiran aló enriba

Ningún comentario:

Publicar un comentario