mércores, 21 de outubro de 2009

Tapias de verán 2: Zaratustra

"Houbo un día en que Zaratustra proxectou a súa loucura máis aló do home, como fan todos os trasmundanos. Obra dun deus doente e atormentado como me pareceu entón o mundo".
["Zaratustra", 1ª parte, "Dos trasmundanos"]
Outra visita a Ordesa, esta vez ao Gallinero. O Pilar de Cotatuero é unha proa de barco que parece navegar por riba do bosque sobre o que se ergue e a Zaratustra busca sempre a liña que corta esa proa, sempre á esquerda doutra xoia deste pilar como é a Rábada-Navarro. Existen algúns longos xa case míticos nesta vía como o gran teito ou o penúltimo difícil de 7a+, porén a vía non te deixa relaxar en ningún momento e os longos que deberían ser de transición están máis rotos, nalgún caso bastante, polo que ao final o conxunto é unha proa magnífica e superdesplomada que se define como ESPECTACULAR. Non me esquezo de Manu e Luís que nos acompañaron pola Rabada-Navarro; escalárona nun tempo moi bo, ademais fixéronos algunha foto boa pero non correspondida porque non temos ningunha deles que mereza a pena.

O Pilar de Cotatuero, a vía segue o mesmo corner
A Zaratustra ten unha primeira parte máis perdedora pero hai que enfiar cara o gran teito que está todo pitonado, aínda que teremos que colgarnos dun micro para saír (con tendencia á esquerda), a parte superior ten bastantes pitóns e séguese mellor, os micros serán os mellores amigos que teremos nesta vía. O croquis que levamos era unha compilación dalgúns que andan por internet e outros dalgunha publicación (desnivel e Roca, nieve y hielo en pirineos) e non tivemos problemas. Foi reequipada por papila hai uns anos, meteulle algún parabolt no longo que hai despois do teito e na parte final do 7a+, ademais reforzou as reunións, a partir da que esta enriba do teito, meténdolle un parabolt a cada unha.

Martin comezando a via, enriba vese o gran teito

Terceiro longo V+/A0, faise sen agarrar ferralla pero sae duro

Teito característico da vía, non é difícil pero hai que apretar o cu.

Longo de 6a, por riba do xendarme co bloque solto, aquí hai unha reunión colgada que non se pode saltar, pero si apurar para que o segundo quede na cima do xendarme e asegure o seguinte longo, así non nos xuntaremos na reu.

Penúltimo longo duro, 7a+, difícil pero precioso

Martín saíndo do longo de 7a+, desplomaco salvaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario