luns, 19 de outubro de 2009

Tapias de verán 1: Brujas-Francoespañola

Ordesa é unha das visitas obrigadas todos os veráns, este ano estiven con Martín na Brujas-Francoespañola (Tozal). Boa convinación que se fai toda en libre sen que pase de 6b, talvez cun pasiño curto de 6b+ no diedro da metade inferior. O bosquexo que anda por internet de Luichy é moi bo , amais non é unha via moi perdedora para ser ordesa.

Realmente non gozamos moito a vía porque unha cordada se nos colou literalmente diante e case nos tivo parados media hora por reunión, co fácil que resulta respectar ao veciño! nós subiriamos mellor e eles non levarían a tensión que levaban por estarlle sempre enriba os que viñan detrás. Realmente falamos con eles e dixéronos que na Praza de Catalunya nos deixarían pasar pero ao final foron rápido a meterse na entrada do seguinte longo para que non os pasasemos, talvez neste caso nos arrepentimos de non terlles pasado por riba, foron uns impresentables. Dixémoslle onde comezaba a vía porque andaban perdidos de todo, e metéronse correndo claro! así e todo tivemos bo rollo con eles en toda a vía, víannos esperando en cada reunión e mesmo parándonos nalgún clavo porque non cabiamos todos na reu e, aínda que llo pedimos, sempre ían meténdose a correr para que non os pasaramos. O resultado foi que nos tiramos 12h nunha vía que teriamos feito en 6-7h tranquilamente. Poren a rota é BOISIMA, algún dia haberá que repetila para gozala.

O Tozal del Mallo, unha visón mística

Martín nos primeiros longos da vía

Diedro de 6b+, a parte de final do diedro ten un paso de... pensar

Despois da Praza de Catalunya, un 6b precioso que remata nun teito cunha fenda horizontal fantástica

Nas reus sempre esperando grazas aos nosos amigos que nos "foderon" a vía


Ningún comentario:

Publicar un comentario