Organízome
para resistir, desde un canto da memoria recupero do tempo este, para
min, libro imprescindible... ao meu rollo e cun toque moi persoal... será o encerro!. Hai xa 20 anos e parece que foi onte,
daquela abríronse cancelas que non sabía que existían. Hai máis de 35 anos que escalo, antes de
ALPINISMO EXTREMO a montaña encantábame, formábame, evolucionaba e
gañaba experiencia, mais non chegaba a entendela completamente, era
como ter sexo con quen tiña a cabeza noutro sitio, si… era
magnífico, pero faltaba sincronización. Pola razón que fose este
libro mostroume como sincronizar, plantoume un ostión no momento
adecuado e tiroume a tontería esa de seguir teimando no mesmo; busca a
túa maneira e escolle ben quen ten acompaña, alén de estar... hai que
sentir!
Isto
non é fusilar un libro… imaxino que a maioria xa o lestes pero
sempre se pode volver, he he. Cando o lin por primeira vez entrei
noutra dimensión… aquelas loucuras podian facerse? Co tempo souben
que non só se podian facer senón que, nalgúns casos, eran
estratexias máis “seguras”. Sempre vou subliñando o que me
motiva de cada texto e mesmo escribo nun folio notas que logo quedan
metidas entre as follas, este é o texto daquelas follas que recupero
e comparto, notas feitas hai 20 anos que, humildemente, non son máis
ca un resumo ao meu rollo dalgunhas ensinanzas deste manual que, para
min, supuxo un antes e un despois. Se non o lestes e queredes ser alpinistas fáltavos unha lectura mais, como di o mesmo libro: non é un manual para principiantes!!
APRENDE
E EDUCATE: A estratexia está máis alá da técnica, a técnica
está máis alá do equipo… A
experiencia non
ten atallos e necesitámola
para construír
un sexto sentido que nos
permita
saber ata onde forzar, con intuición e prestando atención aos
detalles, neste sentido
temos
que coñecernos
a nós
mesmos/as,
a nosa
personadidade é a que nos
ten
que salvar do autoengano. Todo está na mente e
as boas leccións só se aprenden dos propios erros.
A
velocidade é
sinónimo de seguridade: en montaña a máxima é “non deixes de
moverte”. A experiencia daranos confianza en nós mesmos/as, e
presisamola para abranguer os nosos retos máis duros. Os fracasos
son os grandes amigos da experiencia, son problemas que solucionar
mentres nos retiramos e temos que comprendelos cando estamos na casa.
A
MANEIRA DE ENTENDELO: na montaña actuamos como un enxeñeiro/a
ou como un/unha artista?
Hai que ter algo dos dous, planificar matematicamente todas as
variables como fai o enxeñeiro e ter a capacidade de improvisar e
recoñecer intuitivamente por onde vai a vía, dun só vistazo,
creando a cada instante como o artista. Nunca o poderemos controlar
todo, temos que aceptar iso, loitar contra a cesión do control
nalgúns casos só nos pode levar ao medo, e se non asumes o medo ás
veces entrarás en pánico, se chegas a isto, se non podes pensar,
estás morto!
A
diferencia entre os alpinistas soe ser a vontade
de cada un, as grandes vontades se forxan tendo experiencias duras e
aceptando que o sufrimento é parte do xogo. A experiencia sempre
será a nosa mellor defensa, danos unha serie de ingredientes que van
desde detectar problemas a imaxinar solucións, creando un instinto
ou intuición que non se pode aprender en ningún manual, un instinto
que nos axude a diferenciar entre as situacións nas que tivemos
sorte e aqueloutras nas que solucionamos os problemas con capacidade.
Precisamos
confianza, sen ela
non hai futuro. A montaña intimida ata aos escaladores máis fortes,
sexamos homestos nas nosas ambicións... e entendamos e traballemos as
nosas debilidades. Hai que aprender a fracasar antes de quedar sen
recursos, e non renunciemos ao autocontrol, aínda que non sempre
está na nosa man, nestes casos usaremos os nosos reflexos, e a intuición,
para tomar decisións.
ENTRENA:
a nosa mente é
quen goberna ao corpo.
Entrena o teu corpo para que a mente estea saudable, están moi
relacionados; a montaña porá a proba as mentes e os corpos máis
preparados. Entrena a forza e a resistencia, e crea as túas
estratexias para beber e comer adecuadamente.
CONSTRÚE
O TEU MÉTODO, repasa e revisa
tópicos, aínda hoxe en funcionamento, sobre o equipo,
aprende a vestirte para cada empresa e leva só o material adecuado
respectando a lixeireza, faite co teu sistema e aprende da
experiencia a rexeitar todas as capas e os artificios que non che
aportan nada durante as escaladas.
A
TÉCNICA ten como finalidade que sigamos
vivos. A
velocidade é seguridade, cómpre ser maduro/a, manter a atención e
saber de autorrescate, primeiros auxilios, aclimatación á altura e
ao territorio, o alpinismo é perigoso e para poder ter algo de
seguridade cómpre manter un equilibrio de todos os coñecementos e
experiencias… e hai que estar atento para que ese equilibrio non se
rompa. E para mantelo, algo fundamental é o
compañeiro/a, o éxito ou a supervivencia son a suma das
vontades da cordada. Nunca arruinedes unha vía por ir cun mal
compañeiro/a, as vibracións boas, e as malas, transmítense pola
corda, cando o cansancio e a incertidume nubra a nosa capacidade de
toma de decisións, permanecede atentos ao voso/a compañeiro/a, isto
aumentará a seguridade e a produtividade da cordada, o egoismo e
individualismo transmítese e réstanos eficacia, hai que ter madurez
e deixar a pubertade en casa!!
SUBIDE
con seguridade pero facédeo ás presas, usade todos os trucos que
saibades para ir rápido. O autor ensinanos uns cantos recursos que
ás veces só agudiza o enxeño, os vivacs son parte do xogo, por iso
tamén nos conta certas experiencias que nos poden axudar. BAIXAR
desgasta moitisimo, por iso tamén cómpre ter todos os argumentos e
trucos para destrepar ou rapelar con seguridade, principalmente cando
imos cansos, cómpre dominar todo tipo de ancoraxes e saber manexarte
coas cordas. Se te podes baixar de calquera lugar terás un trunfo
sempre na man, pero isto é algo moi complexo nalgunhas montañas!
Usade
as montañas para crecer como
persoas
e propoñédevos unha evolución, non deixedes de aprender de vós
mesmas/os, madurade, evolucionade e sede honestos convosco, gozade
dun mundo novo porque NON TEN QUE SER DIVERTIDO PARA QUE SEXA
DIVERTIDO!!!
Mark
F. Twight
La Biblia Xosé, tal cual. Ánimo en el encierro, seguro estarás maquinando las siguientes salidas!
ResponderEliminarUn saludo
Siiii, hay que hacer algo para pasar el encierro... mucho ánimo también para ti y a maquinar maldades que tenemos tiempo!! un abrazo!
ResponderEliminar