A semana de xeo proxectada co Equipo de Nov@s Alpinistas Galeg@s (ENAG) estivo completa, escalamos fervenzas míticas e recoñecimos un contorno espectacular, xeo para pinchar hai... sen ningún luxo, as clásicas e aínda así xustiñas, as condicións foron servindo para cumprir co programa de tecnificación, basicamente fixemos o que procurabamos nesta viaxe. Os deportistas coido que gozaron e, alén diso, tivemos uns acompañantes de luxo: Alex e Alberto que nos acompañaron desde A Coruña e Toño desde Riglos. Eramos un equipaso e, no que a min respecta, gocei da semana... pena de máis xeo pero.... con Josito ao lado sempre se está a gusto, he he!
Comezamos por Ceillac e seguimos por Cervieres e Fournel, os vales clásicos onde escalar eran estes porque Freissinières estaba pelao, en Les Orres practicamente nada, algún dia dedicámolo ao esquí de montaña porque había unha neve excelente e repetimos visita a algúns destes vales. Escalamos todos os dias excepto o día de descanso activo que foi de esquí, así que non hai queixa. Despois da semana co ENAG Toño e eu seguimos camiño para Cogne, onde parecia que pola altura e condicións podería estar mellor... nin falar! escalamos fevenzas e pasámolo ben pero tampouco daba para moito, alén de que pillamos a molladura máis grande que agarrara nunca nunha cascada, sempre gozando...
|
No Chalet de Jacques (Vigneaux). Equipaso!!! |
|
Abrindo pegada para chegar a Sombre Eros, dixéronos que case seguro que fomos os primeiros en escalala este inverno. Flipante! |
|
Ronan en Sombre Eros, estaba máis recia do habitual |
|
Ao baixar fixemos Les formes du chaos |
|
Josito en Vermicelle, estaba relativamente cómoda.
|
|
Alberto escala Easy Rider por diante nosa! |
|
Alberto e Álex... Bonita via encaixonada!! |
|
Xogamos en Cervieres |
|
Comezamos con Ronan en Cascade du Bourget |
|
Eloy en Ancrage de Dent. |
|
Marcos en Petit Bourget |
|
Alberto en L´Tube, estaba cordado por baixo e fixemos unha polea porsi... |
|
Josito arañando as ferramentas en Plus t´es rigide, plus t´es risible |
|
Como traballan o esqui en Francia ehhhh, todo para os rapaciños!!!! |
|
Aproximando en Fournel... equipaso!!! |
|
Eloy descubrindo o xeo de Le monde des glases |
|
Ronan no último longo da mesma vía, ao final saíunos un bo día de escalada!!! |
|
En Davidoff... baixando!!! |
|
Espectacular Delicados, talvez a mellor fervenza este ano en Fournel. |
|
Dia de esquí por Cervieres, comprobación de ARVAS! |
|
Neve espectacular... unha gozada que se atopa poucas veces nas nosas montañas! |
|
Un día magnifico!! |
|
Subimos ao Poggio Carabinieri (2209) e ao Fournier (2424), coido que sobre 1500 mts de desnivel positivo. Ao fondo a Barre des Ecrins!! |
|
Descenso de gozar... seseando!!!! |
|
Xogamos en Cogne, a vila estaba preciosa duns días atrás nos que nevara!! |
|
Repentance Super, a mellor fervenza que catamos este ano, o problema foi a calor... e a ducha de auga que pillamos!! | |
|
Toño subindo o L1, estaba parecido á outra vez que a fixera, coliflores e laxes enormes que tiraban para atrás e que habia que traballar. | | |
|
Toño comeza o L2, cada vez cae máis auga pola fervenza!! |
|
Eu na reu, como unha cova que se forma no medio da fervenza... estaba protexido da auga!! |
|
Toño métese no medio da cascada apañando unha ducha de litros e litros... cando eu cheguei a ese punto a auga corríame polos brazos abaixo, notábaa enchoupándome os gallumbos e... cando cheguei á R2, onde estaba Toño, unha bota facia chof chof!!! |
|
Rapelamos e marchamos correndo para o coche, e á ducha, porque estabamos completamente empapados e conxelados!! |
|
Ao día seguinte no L1 de Il Candelabro del coyote, algo xusta pero en perfecto estado!! |
|
Toño no L3, pola dereita estaba fácil pero iamos buscando cachondeo!! e había traballo por estas colunnas!! |
|
Un rápel polo seu sitio!!! he he!!! |
|
Ese día fixemos doblete, ao baixar atacamos a Cascata di Lillaz, unha barranca de moitísima auga con varios resaltes fáciles, o máis interesante o primeiro que vedes na foto! |
|
A barranca é moi bonita, só por iso merece a pena. Hai que ter coidado de non meterse perto dos buracos que forma a auga no xeo (hai moito caudal), se rompe o xeo e te chupa a auga por dentro del... mal asunto!! |
|
Tiñamos intencion de ir a Pattinaggio artístico (entrando pola esquerda) pero esa mañá caeron mais de 20 cm e ameazaba con seguir... marchamos para Chamonix, pero iso xa é outro conto... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario