Escapada a Leiva con Pablo, xa nos tocaba volver a outro Rali 12h. e, postos a viaxar, había que aproveitar para escalar algo máis, así tamén tiñamos as vías máis frescas e iamos dar caña a tope durante a proba. Deste xeito viaxamos o mércores, o xoves escalamos a Eiger e a Muriel, alén comezar a adaptarnos á calor muriciana, e fomos tomar unhas birras pola city, venres descansamos e sábado as 6:00 en pé para dar estopa durante 12h, Finalmenete fixemos 7 vias: Chochos voladores, Eiger-S. Trop, Carnaval, Gallego-Seiquer, Muriel. Galaxia e Fisura Mari Ángeles. Agradecer a Julián e Pili que nos acolleran na súa casa e o fantástico bo rollo.
Só fixemos fotos nas vías que probamos o mércores. A Eiger-S. Trop é un rutón dos que hai que facer se vas a Leiva, son placas imprescindibles e un diedro de colocarse e escalar, magnífica vía que nos reconcilia con iso da beleza do movemento.
A Muriel recomendóunola Ruballo, é unha vía rápida para o rali pero non é unha marabilla, algo rota e con bastante vexetación, excepto o segundo longo que é moi bo, talvez só por iso merece a pena escalala.
Das outras vías que fixemos no rali cóntovos sensacións rápidas: a mellor a Chochos Voladores, física pero sempre con canto e longo a longo mellorándose, a Carnaval é moi boa e relativamente relaxada no seu grao, A Gallego-Seiquer á unha boa vía mantida no seu grao e cun longo de 6b+ ben bonito. A Galaxía e a Mari Ángeles son rutas menores, para acabar coas 12h. pero son boas, principalmente o L1 da Galaxia, porén hai que negocialo que non é tan fácil como aparenta.
Finalmete quedamos primeiros en maiores de 45 e quintos na xeneral, moi contentos principalmente porque o pasamos xenial, alén de que inventamos a recollida con corda e o descenso musicais, he he, cousas do Pablo!! Agradecer a Pepe Seiquer e a toda a organización do Club Montañero de Murcia o bo rollo e o enorme traballo que realizaron para que este 8º Rali se realizase, tanto o día de escalada como os días previos arranxando a pista a man, destrozada despois das enormes choivas de este ano, para que outros nos poidamos encaramar nesas modestas pero históricas paredes da xeografia peninsular. Sodes grandes.
|
Pablo no L2 da Eiger, 6c. |
|
Marabilloso L4, 7a+/A0 |
|
A placa de entrada no diedro pode aceirase pero o diedro é de escalar, guapisimo!! |
|
Saída pola magnifica placa da ¨Saint Trop, 7a |
|
Xogamos na Muriel, Pablo encaramado a esa fenda do L2, 6b, bonito longo!! |
|
A parte final da Muriel xa non é tan bonita, he he, V+. |
|
Entrega de premios. |
|
Bosquexos |
|
Bosquexos |
|
Bosquexos |
|
Bosquexos |
|
Bosquexos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario