Seguimos por Levante, agora en Calpe dándolle caña ao Peñón... outro lugar de infarto, voando sobre o Mediterraneo cunhas paellas esquisitas esperando no porto, un paraiso de escaladores rodeados de turismo que desaparece en canto te arrimas á parede, e con moito respecto ás donas do lugar que impoñen a súa cultura territorial e a defensa da prole, escalamos cando as gaivotas nolo permiten... porén desta vez estaban máis tranquilas!! Seguimos dando estopa Martin, Josele, Julián (que nos abandonaría o dia que fixemos a Linea Mágica) e un servidor. O Peñon sempre é un trunfo!! Esta vez escollimos dúas boas vías que, aínda que de corte bastante diferente, son dúas gozadas máis desta pena chantada no mesmo bandullo da costa Mediterranea. E como o último día daban choiva marchamos para Chulilla, lugar precioso, unha escola que ben merece múltiples visitas por cantidade e calidade das súas vías.
Los Miserables é unha boa vía, algo desmellorada pola entrada común coa
Valencianos, mais unha vez pasas os primeiros longos a cousa vai mellorando sobre placas bonitas, ata que na parte superior vas loando aos deuses da rocha pola beleza dos pasos de buracos con canto desplomado, a parte final faina unha vía moi apetitosa. Josele e Martín escolleron ese día a
Costa Blanca, outra xoia do Peñón!! Bosquexo no
Blog de Pablo
A
Línea Magica comeza na parte central da parede e iso soe darlle outro carácter... rota peñonera cen por cen, esixente no seu grao e cun trazado brillante, comezas apretando por placa fina ao lado da
Gómez-Cano, coa que comparte o final do L1 e todo o L2, e viaxas por uns desplomes de bóvedas e placas típicos do Peñón, sen que ningún longo teña desperdicio e co grao ben recio, penso eu! Rota altamente recomendable. No blog de Pablo podemos ver o reu relato da súa ascensión e
dous bosquexos, un sobre foto e outro de Luichy que foi o que levamos nós!
|
Juián no noso cuarto longo, o segundo da Miserables, 6c. |
|
Mentres Martin e Josele dándolle á Costa Blanca |
|
Foto que me fan desde a Costa Blanca acabando o L3 da Miserables, 6b guapísimo! |
|
Julián sese mesmo longo, chegando al reunión! |
|
O seguinte é outra marabilla que te leva ata o cumio, 6b. |
|
Julián saíndo do avismo de Helm!! Ambiente mediterráneo na terra media! |
|
Xogamos na Línea Mágica, primeiro longo fino, 6b+. |
|
Martín e Josele nese L1 vistos por riba!! |
|
L2 común coa Gomez-Cano, 6a/A0 |
|
Josele chegando á reu... rocha típica!! |
|
O L3 é alucinante, bóvedas de loucura peñonera! 6b+. |
|
Brutal este L3!!! |
|
Os meus compis adaptáronse á corda tensa e xa me dixeron que os levase ata o cumio, he he, Este L4 é un 6a con carácter!!! |
|
O L5 aproxímanos ao cumio pero cunha sección ben dura ao comezo, 6c. |
|
CHULILLA, pontes colgantes camiño do sector Oasis. |
|
Preciosa vila con ambiente escalador e múltiples sectores. |
|
Placas moi técnicas, longas e desplomadas. |
|
Un paraiso deportivo, tranquilo, con todas as orientacións e para cordas de 80 mts. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario