Retomando blog... A primeria vez en Taghia, percorrendo esas rotas das que ouvimos falar e que lle dan cualidade de destino obrigado. Pablo sempre me lía porque o seus proxectos sempre molan, co tempo xa van unhas cantas aventuras e tantos recordos... Cinco xinetes: Pablo´s (Velasco e Santos), Marcos, Javi e o que vos conta isto, escalada dinámica, compenetración, bo rollo e moitas risas... a convinación perfecta para facer desta cómoda viaxe un lugar de encontro e de amizades, o escenario onde compartir a beleza dun medio excepcional para a escalada en rocha coa paz dunha aldea case medieval, onde os valores son lei e as persoas enténdense cunha mirada aos ollos e cun apretón de mans, lugares onde a autenticidade e a humildade son os únicos que te acompañan e dan sentido a unha vída.
As rotas son en xeral boísimas debido a que a rocha é fantástica, moitas placas alucinantes e equipadas, nas que hai grao e teremos que apretar, tamén hai fendas pero desta vez nós pouco catamos, nesta viaxe dedicámonos ás clásicas do lugar que percorren placas perfectas por paredes de fantasía, a maioría equipadas case por completo. Os bosquexos podedes velos no estupendo artigo de
Luichy ou na guía de Christian Ravier
Taghia Montañes Berbéres. A seguir fago unha pequena descrición dalgunhas vías que fixemos:
- Belle et berbére (Les Sources): boa para inicarse en Taghia, con placas ben bonitas na parte media, aínda que lle falta algo de continuidade.
- Canyon Apache (Ifrig): excelente rota, super-clásica e con longos preciosos desde o inicio (a travesía lateral de inicio tiña unha corda fixa). Unha das mellores que catamos en Taghia.
- Baraka (Oujad): Unha auténtica xoia, outra super-clásica que non debedes de perdervos por nada do mundo, cunha primeira parte bestial na que hai que navegar e unha parte superior preciosa para moverte en terreo máis cómodo e meter algo de ferralla. Sen dúbida a mellor vía desta viaxe.
- Susurro bereber (Les Sources): moi boa rota, como a maioría das desta parede cun inicio de grao potente e unha parte superior máis humana pero de rocha excepcional. Xusto á dereita de Zebda, non sae na guía e, aínda que sobre o papel pareza algo menos dura que as que ten ao lado, segundo Pablo vai ser que igual é ao revés. Bosquexo por internet.
- Au nom de la reforme (Taoujdad): outra boa rota de placa e que sobe a un cumio fermoso, talvez un pouco curta na relación esa de patear-escalar, he he, mais moi interesante.
- Classe montagne Épinal (Les Sources): A última mañá todos se apuntaron a un pateo menos Javi e eu que aínda tiñamos fame... o meu compi non ten final... outra vía preciosa de placa con algúns longos intermedios boísimos e de escalar moi fino.
Déixovos cunhas fotos, se queredes ver máis e algúns vídeos visitade o blog de
Pablo Velasco, tamén colgou uns videos en
youtube
|
A paz de Taghia |
|
Sociedade taghiense! |
|
Amigos locales e intrepidos!! |
|
Cores |
|
Traballos |
|
Equipo: Javi, Pablete, Pablo Santos, un servidor e Marcos... enormes!!!! |
|
Belle e bérbere |
|
Sempre de regreso! |
|
Canyon Apache |
|
Canyon Apache |
|
Ferrata bereber |
|
Lumiere |
|
Ferrata bereber camiño de Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Baraka |
|
Descenso pola canal branca pasando polas Sources |
|
Sururro Bereber |
|
Sururro Bereber |
|
Sururro Bereber. Pablo practicando un "descanso activo" |
|
Sururro Bereber |
|
Sururro Bereber |
|
Au nom de la réforme |
|
Au nom de la réforme |
|
Au nom de la réforme |
|
Au nom de la réforme |
|
Au nom de la réforme |
|
Guapos, guapos... e con sex-appeal |
|
Classe montagne Epinal |
|
Classe montagne Epinal |
|
Classe montagne Epinal |
|
Equipaso pendurando... que grandes!!! |
|
Cachondeo en Marrakech. |
|
Polo zoco |
|
Hotel, exercicios horizontais!! pracer enorme amigos!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario