Este val ten a maxia e a poesía da natureza, beleza para namorar e un montón de metros de rocha para xogar. A nosa rota lembra e homenaxea ao último oso autóctono da cordillera Pirenaica...
Camille desapareceu, parece que morreu de vello, ao contrario da súa predecesora Cannelle. Lembro vela na prensa, morta pola senrazón humana, a última femia de oso pardo pirenaico
morta a tiros, os humanos deberiamos repensarnos e reinventarnos porque non poderiamos facelo pior, para a natureza somos deuses caprichosos e egoístas co poder de destruír e destruírnos... uns salvaxes... uns sádicos sen valores nin respecto!
Camille é unha rota boísima, clásica do val por dereito, unha obra máis de Luzio Eguiguren e no seu estilo de apertura: solitario e semiequipado. A vía vai na procura das fendas e diedros dunha das partes máis bonitas desta parede, con bastantes seguros fixos mais haberá que porse as pilas cos friends e escalar entre seguros; o cuarto longo é a beleza, o diedro de continuidade que todo escalador/a debería degustar, nel precisaremos todos os seguros recomendados! Cómpre levar 15 cintas e friends ata o 3 (non fan falta os entaladores), se ides no verán tampouco debedes ter presa porque ata as 15h non dá sombra na parede, o descenso pode facerse rapelando pero acho que é moito máis seguro descer andando, alén de que non creo que se tarde máis, nós baixamos nunha hora, se só tedes un vehiculo haberá que facer 2 km de estrada polo que lle sumaremos 15/20mn. Bo bosquexo de Luichy en
lanochedelloro
|
Toño comezando o L3, V+. |
|
Comezando o L4, 6b+, longo de conti realmente precioso. |
|
Na parte superior do mesmo longo |
|
O meu compi comezando a travesía do L5, IV+, atentos porque a primeira reunión que atopamos é de Harrimiña, a nosa queda algo máis á esquerda |
|
Como imos falando e de risas fixemos a reu de Harrimiña e saimos por esa placa desplomada, algo rota e apretona, de segundo pareceume algo así coma 6c+?? (V+A0). A nosa vía vai polo diedro da esquerda. |
|
A Harrimiña vaise á dereita, cando nos dimos conta de que iamos atoallaos... houbo que rectificar e mudar de diedro, na foto Toño lazando ramiñas para voltar á nosa rota!!! |
|
Precioso o Tozal de Espelunga e, ao fondo, o Pilar de Ansó. Este val cada día gústame máis!! |
|
Toño rematando o L7, 6b, moi bo longo cun final algo herboso como podedes ver! |
|
O L8 parece de transición pero hai que falelo, IV+, con fendas onde meter a canón! |
|
De vez en cando aínda asistimos ao "milagre das pedras florecidas" |
|
Toño saíndo ao cumio, este último longo de 6b+ ten a guinda xusto na saída! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario