Escapada rápida con Martin para gozar da liña que me quedaba por facer neste mallo, talvez demasiado cargado de rotas, máis vías aquí serían un atendado! Quizais o mellor mallo de Peña Rueba, merece moito a pena percorrer desde o mundo de bolos e panzas de caliza gris, máis presentes na parte dereita da parede, ata o mundo de bolos roxizo e vertical que domina a parte esquerda, sen esquecer o magnífico teito da Maque. Percorrer estes muros roxizos por calquera das vías que o cruzan é toda unha experiencia, para min talvez as vías máis auténticas deste mallo sexan as tres que dominan a parte esquerda (Make, Macondo e Terrazas herbosas). Mais en xeral trátase dunha escalada normalmente cómoda, con vías de grao medio e dunha lonxitude adecuada para ir tranquilos... o conxunto perfecto para gozar sen coñecemento do pracer da escalada!
A vía é boa, e o seu nome dinos rapidamente de que vai:
Más de lo mismo. Acertada sentenza se entendemos iso de que o conceto é o conceto, e eu non obxecto nada ao respectivo porque non son liberal, e non son tampouco deses que andan por aí dicindo que
más de lo mismo é
más de lo mismo, aínda que o pense... diría Manquiña nun relato pormenoriado que definise a rota, talvez fose tamén un relato en diferido! Realmente a dificultade concéntrase en catro panzas dos catro primeiros longos, a bloque todas excepto a primeira que é máis humana, esta panza talvez teña menos grao do que indica o bosquexo... o cal se pode ollar en
senderolimite.
|
Martín na primeira panza, pode que sexa 6b+ de cacho. |
|
A segunda panza xa é outro conto, 6c+ a bloque, hai que ir atento para sacala a vista! |
|
Martin superando outra no L3, tamén 6c bloqueiro! |
|
O meu compi comezando o L4, cada vez menos pero cando nos xuntamos gozamos disto da escalada! Para min este longo ten a panza máis aleatoria e pode que difícil, outro 6c a bloque! |
|
Nos longos superiores aínda hai que escalar un pouco, 6a. En xeral unha boa vía! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario