Para estar ao sol e gozar de vias pracer non hai como achegarse a esta parede. Ultimamente estou comezando a apreciar moito esta zona próxima a Huesca: o carreiro de acceso mellorou considerablemente e agora faise moi cómodo, a miña sensación das vias tamén está mellorando (niso influíu Monsanto la muerte... mais non só ela!), a rocha alucinantemente curiosa (pena que non dea máis canto) e o lugar, mirador privilexiado, que te amosa a beleza da natureza e o insignificantes que somos respecto dela.
Son tres as vías das que falamos. Hai uns días fun con Toño a facer
Bloka e
Maldita sea mi suerte, as dúas da factoría Suli/Óscar, de características parecidas aínda que con algunhas variedades, que se algo de empotre, que se fenda esvaradiza, que se placa fina ou greta vertical, con algúns longos bonitos e onde hai que apretar... nas dúas atoparedes estes condimentos e sairemos satisfeitos por seren en conxunto unha boa actividade. A
Acabruñar abrírona Edu e Marta, é a segunda vía que se fixo nesta parede e tivo que ser reequipada debido a unha desfeita accidental, para min xenial porque, despois do reequipamento, casualmente coincidin con Suli e Óscar que me adoptaron para a primeira repetición. A vía é similar a todas as demais nas placas e nalgunhas fendas, nada que salientar ata chegar ao último longo que a min parceume ben bonito, principalmente a saida da reunión, un empotre de mans precioso e de colocarse. Todos os bosquexos cortesía de Óscar en
guaravertical.
|
No L2 de Bloka, 6b |
|
Toño no L3, embaixo del hai unha fenda de apretar e con pés sucios e esvaradizos, 6c |
|
Agora en Maldita sea mi suerte, saíndo da R2 podemos gozar da vista de todo o val. |
|
O inicio deste L3 é plaqueiro fino... e mellor con envergadura, 6b. (sii, xa sei que a palabriña dá xogo!!!) |
|
Xogamos en Acabruñar. Suli plaquea no L2, un pasiño ben esvaradizo, asegurado atentamente por Óscar, 6a+. |
|
A saída do último longo, un empotre boísimo no que poden vir ben os guantes, 6c. |
|
Preciosa foto que me fixeron os meus compis, magnífica sección de empotre de mans!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario