Facer cousas novas en Riglos sempre é posible, hai moito e moi comprometido, porén facer vías sen sufrir demasiado xa non é tan fácil, algunhas quedan e noutras haberá que comprometerse algún día. Neste caso trátase de vías que non teñen nada de especial, sen pretensións de ningún tipo, e cada unha ao seu estilo, mais as dúas merecen a pena, iso si... tanto no equipamento como na rocha pouco teñen que ver unha coa outra.
A
Via Bolico camiña pola liña de rápeles modernos do Circo de verano, vía de coleccionista mais interesante, sempre que leves uns metros escalados en Riglos, principalmente debido á mediocre calidade da rocha e aos distanciados entre seguros que hai nalgunha ocasión. O itinerario vale a pena e pódese continuar ata a cima por calquera das vías que parten desde a forca (collado) do Pisón, constituíndo unha actividade bastante interesante en conxunto. O bosquexo no
Blog do pirata. A vía coíncide cos rápeles modernos de descenso polo Circo de verano, fanse perfectamente con corda de 70 mais debemos andar atentos porque son xustos, principalmente o primeiro.
A
Quinta Chimenea é outra historia, actualmente recén limpa e reequipada. Cómpre felicitar aos reequipadores pola limpeza que fixeron permitíndonos gozar desta clásica entre as clásicas, actualmente retrochapada e sen posibilidade de aventura máis, unha vez pasados os primeiros metros, sorprendeunos a calidade da rocha e o bos que son algúns longos, principalmente o último. Bosquexo en
suenovertical. Interesante levar dobre corda para o descenso, en tres rápeles de 60 mts sitúaste na base da vía.
|
Toño no L2 da Vía Bolico, por aquí hai que "tocar o bolo que está un pouco tolo", he he. |
|
Coido que este é o último longo, chegando á forca do Pisón, seguimos "tocando bolo que segue estando un pouco tolo", como en toda a vía! |
|
Superando o teito que inicia o L2 na Quinta chimenea, será un paso 6a+/b que se supera pola dereita. |
|
Toño no paso, vas saltando chapas porque costa case máis chapar todo que escalar! |
|
O último longo é bestial, unha cheminea superdesplomada con enormes presas que só sae V+. |
|
"Aqueles chalados cos seus vellos cacharros", este aínda aguantaba! |
|
A miña homenaxe a Riglos coa que para min é a rúa máis bonita da vila, a rúa Santa Cruz, fáltanlle unhas balconadas con flores!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario