A cara leste de Peña Rueba aparenta unha verdadeira muralla vista desde os mallos ou desde a estrada após Murillo, porén cando te a achegas a cousa muda e no momento de colgarte da parede xa te das conta de que o bosquexo non minte, o lobo non leva pel de ovella senón que é unha ovella! Martin tiña o tempo algo xusto polo que fixemos un "Speedy Gonzales" e fomos sen presa mais levantando po ao noso paso!
A
Tierra de dragones é unha vía pracer, sen máis pretensións que aproveitar ese aparentemente fantástico pano de rocha para facer unha vía deportiva superequipada, para o meu gusto de máis, da que gozar dun muro dividido en dúas partes por unha sección fácil duns 100 mts. Agradecer aos aperturistas o enorme traballo de limpeza e saneamento, principalmente na parte superior, e salientar que a mellor rocha e escalada está nos primerios longos. Sombra total a partir das 15h e normalmente con certa airexa, mais da camiñada ao sol vai ser difícil escapar se non tedes un todo-terreo. Bo bosquexo en
sueño vertical.
|
O primeiro longo, un dos mellores! |
|
Coido que é o L2, neste pano do inicio está a mellor rocha. |
|
Martín chegando á R3 |
|
Na zona de transición, son dúas tiradas longas de II-III. |
|
Comezamos a parte superior, a rocha muda e está máis rota. |
|
Martin superando o longo máis difícil da vía, un 6b que a nós pareceunos 6a+? |
|
Saindo cara as ramplas superiores da parede! |
|
O meu compi chegando ao cumio co Gallego detrás! |
|
Como sempre un pracer compartir estes momentos con amigos como Martin. Noraboa titán, xa está aqui Vega para traernos máis ledicia neste percurso do camiño!!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario