Ruta de categoría da galaxia Montrebei. Era un día calquera cando recibo
unha mensaxe de Chavi, convídame a acompañalo por unha vía que me soaba pero da
que non tiña referencias claras, o primeiro que pensei foi que a este fanático de Montrebei non lle deben quedar moitas cousas humanas que facer nesta parede
(creo que me dixo que levaba 116?... arredor 100 máis ca min, ha ha), vaites!
-penso eu- "Chavi enganándome para unha maldade", segundo procuro
info a vía vaise facendo querer e cando volvo falar con Chavi xa estou namorado. Uns
días despois estamos onde o Montsec agocha os seus "horrores", todo
foi como estaba previsto menos a volta a casa na que un pinchazo nos deixou
tirados, agora hai que estudar para cambiar unha roda!... mais esa é outra historia...
A
Cassiopea é un rutón que percorre un sistema de fendas e diedros ben
bonito, auténtico Montrebei 100%, con rocha aceptable en xeral, sabendo onde estamos e que o normal é que apareza algunha zona na que hai que andar con ollo. Cómpre felicitar aos aperturistas Panyella e Camacho pola visión e a escalada en 1984, hoxe en día mantén o compromiso, trátase dunha ascensión laboriosa debido a un equipamento bastante obsoleto e que tampouco é
moi xeneroso, porén permite meter material a saco... mais non a infravaloredes,
o grao aquí non é o máis importante, a vía é apretona e cómpre ter oficio para
non sair demasiado humillado dalgúns longos; sen pitonar é unha xesta para
cabezas moi ben asentadas. Estupendo bosquexo en
Montrebei
vertical que se pode complementar co de
Albert
Castellet. Tamén podedes ver a piada de Chavi nos
caracoles
majaras. Para quen vaia repetila ocórrenseme algunhas observacións que
poden servir como complemento ao topo:
* Nós botamos 12h, pode facerse en menos tempo pero non é unha vía para correr. Por outra banda, se non te moves rápido podes pillar!
* Enlazar L1+L2 non nos pareceu boa idea, demasiadas voltas e a R1 é
decente e refórzase facilmente.
* Saltamos as reunións que sinala o bosquexo como optativas (excepto a R1), tamén saltamos
a última e fomos directamente á árbore enorme que está mesmo na saída. Penso
que é a mellor estratexía!
* Coido que con 4-5 pitóns variados é suficiente, dúas V (curta e longa), unha U, un
universal e un plano. Nós cravamos en 5 longos, iso permíteche salvar algún
paso difícil ou protexer outros onde o material aguantaría malamente o teu peso,
nin imaxino unha caída; porén no L7 paréceme difícil pasar sen cravar algo, é
un longo para sacar o oficio... hai que admirar e recoñecer a clase dos
escaladores que pola súa condición física e mental poden realizar estas xestas sen pitonar!
* Material para mindundis: alén dos cravos... dous xogos de totems (do azul ao vermello), un
xogo de aliens ata os máis pequenos, un 2 e un 3 de camalot, un xogo de
entaladores e estribeiras para o L7 se sodes humanos.
* O grao da vía en xeral pareceunos apretado, particularmente eu vin algo así como 6b/A2... salientar
o L5 e o L9 porque son dous longos realmente preciosos, dúas xoias para os sentidos co selo do lugar!!
As fotos non son nada do outro mundo mais tiñamos abondo con subir, he he.
|
Chavi aproximándose aos "horrores". Ao
fondo a padede de Aragón co ceo cuberto que rapidamente despexaría |
|
O meu compi chegando á R1. Os primeiros catro
longos xa os coñecía dun intento anterior no que entraron tarde por unha avaria
no vehículo! |
|
Comezando o L2, un pouco por riba sepárase da
Marquises e vaise á dereita, mesmo onde hai un pasiño ben fino de equilibrio. |
|
A fenda dos pitóns cutres do L3, algún paso de
decisión sobre unha ferralla inmunda fíxome meter unha V para protexer un pouco
o meu traseiro! tamén se pode meter un C3 mais... hai pasiño! |
|
Chavi currándose unha flor de clavos para saír desa
placa apretona do L4 |
|
O inicio do L6 era bonito, maís enriba a cousa
mudaba! |
|
Rematando o fantástico L9... Chavi intentando
respirar, ha ha. |
|
Niño do voitre colgado espectacular, reu cómoda a
reforzar, como case todas! Chavi refrescando os pés no precipicio... mais hai que ver como o puxo todo de branco!!!!! he he. |
|
A última reu nosa, uns 15 mts por riba da que marca
o bosquexo e á que se chega sen problemas. |
|
Precioso o Noguera e o contorno!! |
|
Un pracer titán!! | | |
|
Vaya cara terminando L9, iba fundido! he, he,
ResponderEliminarChavi
Ha ha, te pillaría diciendo algo! pero yo tb terminé ese largo machacao!!!
ResponderEliminar