Novamente engarabitando polo Mallo la Calva, na procura do sol de inverno e do pracer de vías deportivas. Neste muro proliferan as rutas, aproveitamos as súas formas para gozar da sua verticalidade e da súa beleza, os findes de inverno as paredes están pletóricas de colorido e sons de escalada, van aparecendo novas vías de beleza cautivadora e xa non queda moito pano por explorar... agradezamos á rocha as aventuras que nos concede e repectemos os seus tempos sen tensionala nin saturala... porque a rocha saberá devolvernos ese respecto con emoción vertixinosa e beleza estética.
A
Frontera apache é unha vía magnífica, situada mesmo á dereita de
Aliana. Ben aberta e perfectamente equipada, con panzas e muros de calidade e bastante homoxénea no seu grao e estilo de escalada, polo que coido que co tempo se converirá nunha clásica desta parede, como a súa veciña. O mais duro é o L1 que pensamos será 6c de aguantar, co permiso dun pasiño no L3 que andará polo 6b+. Nos vímola así: L1: 6c / L2: 6b / L3: 6b+ (bloque) / L4: 6a+ / L5: V+ / L6: V+ / L7: IV+. O bosquexo por cortesía de Luichy en
lanochedelloro
A
Inazio Cinto ten outras características e camiña por un pano de rocha diferente, os dous primeiros longos son bonitos e merecen a pena, principalmente o segundo no que hai que escalar fino... porén na parte superior o grao descende significativamente e a beleza da escalada tamén. Bo/s bosquexo/s en
LO GALL
|
Toño no segundo longo de Frontera apache, para nós 6b. |
|
Agora no L3... este longo ten un paso ben fino, como de 6b+, na parte de embaixo. |
|
O L4 tiña un coñezo bonito, 6a+. Unha vía que en conxunto merece moito a pena! |
|
Agora xogamos na Inazio Cinto... Martin comezando a trave do primeiro longo, 6b. |
|
O meu compi apretando no L2, despois deste muro vén unha sección ben fina e que hai que ler adecuadamente, 6c. |
|
A parte superior da vía ten pouco interese, este L3 aínda quere manter a estética mais só é postureo!! |
|
Ese día había cordadas en todas as vias, unha delas atacando ese bonito longo da chorreira branca de Macondo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario