Outras dúas vias no Mallo La Calva, unha ao carón da outra e, porén, dúas experiencias diferentes que serven para seguirmos gozando desta bonita parede. Un día fun con Pedro e outro con Martín, os dous me transmiten tranquilidade e seguridade, colegas cos que se pode abranguer calquera empresa con sintonía e equilibrio, mellor compaña imposible!
A
Opiniones encontradas é unha vía bastante recente, talvez sen repeticións, aberta desde abaixo en bo estilo e onde hai que escalar entre chapas, con algunhas panzas difíciles de ver a vista e algún muro moi difícil ao que nós non lle vimos moita cor; tamén hai que dicir que cómpre que se limpe un pouco co paso das cordadas porque, nalgunhas zonas, a rocha e dubidosa e, noutras, unha cepillada sería caralluda! O grao pareceunos bastante duro, a refencia que se indica nalgúns longos (6c/7a) achamos que debería tirar para o lado malo claramente. En fin... co tempo irase fixando! O bosquexo no
blog do Pirata.
El tiempo que nos queda é algo diferente, tamén é unha via ben equipada máis onde a rocha está máis saneada e limpa polo paso da xente, iso fai a escalada máis cómoda e, alén de que tamén hai que pórse as pilas nalgunha zona, poderemos gozar dunha escalada máis pracer. Nalgún topo o muro final do L3 vén de 6c mais non contedes con ese grao, os demais longos saen ben en libre. O bosquexo en
lanochedelloro.
Para o rapelar cunha corda de 70 mts penso que a mellor opción é por
Aliana, de feito desde a última reu de
El tiempo que nos queda podemos rapelar ata a penúltima de Aliana, sempre gozando!
|
Pedro desfai o L1 de Opiniones encontradas, 6c/7a, os inicios talvez son a peor rocha máis compre non se confiar tampouco no resto! |
|
No segundo longo, 6b+, con algunha panza ben cabrona! |
|
De novo o meu compi, agora chegando á R3, 6c/7a. |
|
Boa foto que me fai Pedro antes de me empolincar por ese muro, 6c/7a, para min moi difícil e, se alguén se anima, ao que lle viría ben un cepillado, he he! |
|
Agora xogamos en El tiempo que nos queda. Martín no L1, nesta panza había unha apretadiña, 6b+. |
|
Agora no L2, bonito e con algún paso algo obrigado, 6c. |
|
O muro final do L3 pareceume moi duro, pódese aceirar perfectamente, 6b/A0 |
|
O meu compi comezando o último longo, 6a, arrincar costaba!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario