O desfiladeiro da Hermida... un paraiso desde que o coñezo, a fenda xeográfica cántabra para acceder ao corazón de Picos, con tapias fantásticas que namoran a simple vista como o espolón do Cueto Agero ou o Piar da Hermida... desde hai xa uns cantos anos tamén é destino de verán para a escalada deportiva, emerxente e impactante, lugares con verdadeira maxia, cantos onde meigas e trasnos espilen a súa nugalla, só cómpre deixalos gozar desa tranquilidade. Pasamos uns días picoteando vías polos múltiples sectores que hai nesta gorxa, basicamente escalada a vista e sen demasiada tensión... mais apretar tamén apretamos o noso!
Os escaladores temos impacto sobre o territorio, iso está claro! e esa relación dominante do home/muller sobre a natureza non vai mudar facilmente. Debemos respectar e coidar moito o medio, mais tamén podemos relaxar o ritmo da masificación repartíndonos algo polo mundo e diversificando a nosa actividade, cuestión difícil porque coido que cada vez nos movemos máis polas modas, tendencias e algunhas publicacións que van aparecendo (igual que pasa coas revistas de "sociedade" onde tamén se fala de moda e tendencias...),
por un lado é normal, por outro penso que a escalada ten moito de
aventura, diversidade e evolución persoal, mais probablemente a maioría ficamos na rixídez dos 30 mts de apretar a morte que hai entre o chan e a cadea, a min tamén me encanta a deportiva pero hai
outros pratos no menu "escalada" e coido que se deberían probar, talvez así chegariamos a desmasificar o masificado. Disculpade a chapa, mais acho que esta é a cuestión clave no futuro da escalada deportiva e da escalada en xeral. Vexamos unhas fotos:
|
Escalando en Urdón |
|
Toño de novo, coa gorxa ao fondo! |
|
Un 7a+ ben bonito no sector da esquerda de Urdón, un bo muro! |
|
Rumenes, incrible lugar! na foto un 7a+ que hai para quentar! |
|
Outro 7a do sector superior de Rumenes |
|
Agora é Manolo o que apreta en Rumenes power y albino |
|
Con asentos para descansar, só lle falta o respaldo á cadeira! |
|
Mocos enormes onde apoiar a espalda se te cansas! |
|
Foto de ambiente no Gallinero (pegado á Hermida, cando vaiades saberedes porque lle chaman así!!) un día de choiva é un bo destino! tamén se coñece como Cueva del Rivero. |
|
Muro superior de Cicera, outro lugar bestial!! |
|
Quentando nun diedro precioso de 6b+/c, coido que se chamaba Tritón |
|
Manolo probando un 7b/+ que era boísimo |
|
O muro inferior de Cicera é unha placa curiosa pero a escalada é alucinante! Toño no mais barato desta placa, 6c+. |
|
De novo Toño, asegurado por Manolo, na mesma placa pero agora nun 7a+ apretón. |
|
Bye, bye hermida!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario