Depois do Ponotx tocaba facer algunha vía á sombra, Martín e eu tiñamos os brazos coloraos e xa non aturaban máis sol... Julián propúxonos ir a Mascarat a facer unha vía que el xa tiña feito e que lle parecía ben bonita, alén de estar á sombra a maior parte do día. A escolla foi boa e a rota merece a pena para pasar un día excelente e na mellor compaña... sempre gozando...
A triple directa, como indica o seu nome, nútrese dos mellores longos doutras vías:
Aurora,
Botella/montesinos e
Boulder terminal. Vale a pena pasar por ela por dúas razóns de peso: a súa situación e a beleza dalgúns dos seus longos. A rota non é dura, ten longos de aventura e de buscarte a vída mais dá tregua sempre, porén, aínda non sendo difícil, é das que hai que facer... no L1 terás que moverte en placa para atopar os poucos seguros que che ofrece a rocha e os últimos dous longos, de bonita feitura, demandaranche meter ferralla adecuadamente nunhas fendas preciosas. Rota gozosa e entretida que merece ser escalada... podedes ver un bosquexo no
blog de Pablo
|
Julián e Martin no terceiro longo, 6a, realmente para nós o segundo porque o L1 e L2 enlázanse sen problemas |
|
Julián comezando o cuarto longo, V+. |
|
Segundo vas tomando algura este é o pamorama... curiosa perspectiva!! |
|
Martín asegura a Julián que comeza o L5, V. |
|
O L7 é moi bo, fenda e teito con cantaco, 6b, do L6 non teño foto mais era unha fenda preciosa e case limpa... |
|
Saíndo dese L7, antes de ver os cantos impresiona, he he! |
|
A baixada polas urbanizacións é o peor da via... aínda que hai unhas vistas do Peñón fantásticas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario