Era primeiros de agosto e en
Aragón ía unha calor de xustiza, escalar en Riglos só era posible madrugando
moito ou na norte do pisón, e aló fomos! Ese día Toño e eu marchamos encantados
facer esta vía que, debido ao equipamento antiguo, é menos frecuentada cás súas veciñas, escalámola ata as viras que levan ao collado do Puro, onde
dá a sombra, alén de ser o mellor da vía... a parte superior escaleina hai uns
anos e non ten a mesma calidade que a inferior, aínda que a complementa. A Hechizos del viento tiña sido restaurada
en parte, equipáronse os dous primeiros longos con párabolts e meteuse algún
outro no terceiro longo, a partires de aquí o material estaba moi obsoleto…
pontes de rocha con cordinos demasiado vellos, pitóns dos que daba medo ata
colgarse, buriles en estado ???… en fin… a vía é moi boa e o
equipamento permiunos pasar pero “amarrando” moito porque a posibilidade de
caer e levarte todo contigo era unha incertidume, he he. Cando baixabamos Toño e eu concordábamos en que a vía melloraría bastante mudando os cordinos das pontes de rocha e engadindo, nas panzas máis dúras, algúns párabolts que permitisen escalar en libre con algo de seguridade.
Uns días despois Toño
e Manolo volveron a facela e fixeron ese traballo: meteron algún párabolt nas panzas
máis duras por riba do terceiro longo e mudaron algúns cordinos das pontes de rocha. Eu xa tiña feito un bosquexo da rota tal
e como eu a vira, pondo o material cutre que había e mostando os eses que fai o
itinerario… deste xeito incorporei as modificacións que eles me contaron e
fixen un bosquexo que coido é bastante aproximado, espero que gocedes das fotos e penso que o bosquexo vos servirá para
repetila. A parte superior hai anos que a fixen pero
paréceme lembrar que tamén lle meteran un par de párabolts na zona máis fina e o resto
estaba limpo, aínda que se protexía bastante ben con algún micro e/ou
empotradores. Imos ver unhas fotos e ao final déixovos o bosquexo que fixen.
|
Toño comezando o primeiro longo, V+. |
|
No L2 comezas a pillar altura, 6a. |
|
O L3 comeza nese diedriño que ten un paso cabrón, 6b. |
|
Toño buscando onde meter un empotrador, este é o inicio do longo chave, 6c. |
|
Outra foto nesa primeira panza de 6b do L4, agora hai algún párabol e mudaron tamén os cordinos das pontes de rocha |
|
De novo o L4, a panza que está por riba de Toño é o máis duro da vía, 6c. |
|
O L5 ten poucos seguros pero vai buscando o fácil, V. |
|
Toño comezando o L6, hai que navegar entre panzas!, V+. |
|
O bosquexo que fixen ata as viras do collado do Puro, penso que estará bastante acertado! o grao segundo eu o vin!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario