xoves, 30 de agosto de 2012

Peñas del prado: Lobishome

Levaba anos sen visitar este bonito lugar do norte de León, había que volver e ir riscando algunhas rotas que ben merece a pena coñecer. Penas de prao, que é o nome que lle dei eu sempre, está situado nunha zona de grandes pradarías entre as montañas calizas típicas da Cordilleira cantábrica, fóra de rotas turísticas e onde a tranquilidade e a paz te guiarán a través dun silencio único, infelizmente xa descoñecido en moitas zonas de montaña.
A Lobishome é unha vía típica da escalada en Penas de prao, pracas unidas entre si, abertas por bonitas fendas ou esculpidas por canalizos de auga que nos permiten o paso con autoprotección e, as veces, algúns expansivos. Nesta cara sudoeste, máis húmida cá súa veciña cara sur (aínda que tamén máis vertical e continua), a herba acompañate en moitas fendas, principalmente nos primeiros longos, pero nesta vía case non tocas verde porque vai enlazando placas de caliza perfecta por unha zona bastante limpa. En xeral é unha rota cómoda e para gozar dunhas horas de escalada con algúns pasaxes bonitos, como me pareceu o cuarto longo. Nós botamos 3:30h e penso que o grao obrigado non pasará do V+. Déixovos cunhas fotos

Pablo chegando á R1, placas fáciles e algún canalizo de entrada, V.
Agora é Diego no L2, a vía mellora subtancialmente, V+.
Pablo friqueando nesa bonita placa do segundo longo

Esta placa do terceiro longo é, en principio, a máis difícil da vía, 6a+
Diego e Pablo gozando dunha cómoda segunda reunión!
Ese terceiro longo merecía moito a pena, Pablo de novo en acción!
Nas reus había amor... e algo de vicio!!
Diego chegando á cuarta reunión, este L4 é sen dúbida o mellor, comeza cunha fenda preciosa e sae por unha placa ben bonita de canalizos pequenos, tamén creo que o longo máis obrigado, 6a.
Pablo saíndo da fenda para subirse á esa placa algo obrigada
O L5 tamén é interesante, na parte superior penso que a vía vai pola placa, é máis interesante e vaise protexendo, porque podes irte pola canle da dereita pero perde atractivo, V.
Os tres gozando do cumio, ese día ía acompañado duns titáns!! Espero que se repita!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario