Se este ano foi particular para a neve non o foi menos para o xeo, en xaneiro nos Alpes non ía frío suficiente aínda que xa había moitas cascadas formadas, porén no Pireneo estabamos de primavera, logo viñeron uns quince días secos pero de frío intenso e todas as caídas de auga se conxelaron, non así as cascadas que precisan neve para ter H2O, deste xeito moitas das cascadas que se forman sempre este ano estiveron a medio formar e outras que só atopamos "o ano do cometa" se volveron tesas de frío, ese foi o caso da cascada de la Sarra, cada ano que pasaba por diante dela estaba máis seca, eu pensaba que non se formaría nunca. Este ano as novas eran boas polo que, aínda que despois dese frío intenso voltamos a unha primavera veraniega, quedei con Miguel no curro para escalar algo e ao día seguinte saíamos para Pineta moi cedo, tamén se apuntou Toño que acababa de regresar dos Alpes de pinchar sextos por todas partes... finalmente escalamos esta cascada codiciada polo incerto da súa formación, e velaí van unhas fotos que o certifican, he he, iso si... en Pineta nada de neve, catro folerpas ata perto dos 2500 mts.
|
Precioso barrranco no que se forma esta cascada |
|
Para chegar ata a cascada o primeiro paso e esta tirolina "extrema", do contrarío cruzar o río sería case misión imposible |
|
Toño aproximándose ao inicio da cascada |
|
O primeiro longo é bonito e continuo, a cascada estaba fácil polo picada e cun xeo plástico fantástico |
|
O segundo longo tamén era divertido |
|
Toño asegura a Miguel que ataca o L3, cun pequeno resalte que Miguel solventa sen problemas |
|
Miquel marcando estilo na parte máis pina deste resalte |
|
Toño escala de segundo no L4, talvez o mellor longo ese día, cunha canle seca dun sete metros na que había que rañar na rocha e cunhas pozas de auga realmente delicadas onde podías meterte ata a cintura |
|
Toño fainos esta foto a Miguel e máis a min ao pé da casdada |
Ningún comentario:
Publicar un comentario