Viaxe rápido a Dolomitas aproveitando e abusando
da hospitalidade de Diego, cinco días a tope contando con só tres para trepar,
a idea de Diego é facer dúas rotas longas, unha na torre Trieste e outra na sur
da Marmolada. Baixo do avión en Venecia porque Treviso está pechado por
reformas, 30 mn de bus, outro tanto de tren e aparezo en Treviso onde Diego e
eu nos damos un abrazo, montamos en Simon (a súa furgo) e saimos disparados
cara a Val Corpassa, pizza de camiño, porque algo hai que papear, e pasa das 12
da noite cando chegamos á Capanna Trieste, a unhas dúas horas de pateo da torre
Trieste. Todo vai a correr e eu case non me entero pero ao día seguinte e con
unhas 4,30h. do sono pracentero que nos concede Simon estou metido en faena,
cando me quero dar conta xa estou colgado dunha tapia dolomitica, mellor non se
pode!!
A nosa rota é no espigolo Sureste, vía Cassin-Ratti,
aínda que se soe nomear como a Cassin da torre Trieste, 600 mts de tapia
alucinante, 22 longos cunha rocha bastante boa contando que estamos en
Dolomitas, aínda así hai algún longo no que tes que ir como pisando ovos,
lembro o L4 no que nos perdimos un pouco e acabamos trepando por esa rocha
amarela onde tes que tirar das ñapas cara abaixo porque se o fas cara fóra
quedaste con elas nas mans, dá medo trepar esa rocha e ademais non protexes
nada, da R3 tedes que saír totalmente en travesía á dereita como 8-10 mts, hai
dous cravos enriba da reu pero non os sigades porque vos metedes en territorio
cabrón (dígoo por experiencia), nesta zona debe perderse todo o mundo porque
hai tres reus bastante próximas, a nosa é a que está máis á esquerda (R4) e o
seguinte longo continúa por debaixo duns teitos saíndo da reu cara a esquerda,
hai cravos pero hai que velos. O resto da vía séguese ben, unha rota bestial,
con longos atléticos e bastante física no seu conxunto, outra obra de arte dese
monstro chamado Riccardo Cassin, aberta en 1935, sen palabras, para quitarse o
chapeu e recordar... con moito respecto. A baixada tamén ten o seu, finalmente
e por indicacións dun colega de Diego, baixamos a primeira parte da torre, ata
a gran vira, por un sistema de rapeles superverticais nos que podedes pillar
reus con paraboles (son doutra vía), cóllese ao rematar a canle de saída da via
á dereita, uns metros antes do cumio, dous paraboles cun cordino azul, nós
fíxemos os dous primeiros e logo seguimos con tres ou catro rápeles máis de
cravos, no penultimo quedas algo no aire e costa chegar á parede, grazas a eses
rápeles non penamos nun descenso con frontais (ou nunha noite conxelados na
cima), despois séguese a vira ata unha gran canle que hai á dereita e
continuanse outros 4-5 rápeles ata o chan, finalmente tivemos que acender o
frontal porque no último rápel se nos enganchou a corda e houbo que subir a
soltala. A rota levounos 10h, e dous a baixada, e Diego dándome caña para que
fose máis rápido, hai que foderse!! iso é algo que fago eu habitualmente!! he
he, o tema é que os catro ultimos longos de Vº fixémolos nunha hora, nesa parte
creo que non baixamos de 150 pulsacións, he he, iamos subidos nun ferrari, he
he. O dito, un viote!!
Esa noite durmimos na casa de Diego ata que o corpo
dixo basta. O día seguinte foi de relax total e tamén de reprantexamento de
realidades, decidimos deixar a sur da Marmolada para outra ocasión porque eran
1000 mts de tapia e ao día seguinte eu tiña que estar ás 11h. no aeroporto de
Venecia e, aínda que me achegara Diego, tiñamos que sair de Arten as 9h, se
pasaba calquera cousa e tiñamos que facer noite na Marmolada (que polo visto
pasa máis do que parece) estabamos fodidos! En fin... ese día fixemos un pateo
mañaneiro polo Val Canali ata o Rifugio Treviso onde tomamos unhas birras e
charlamos cuns colegas de Diego que curran no refu, moi amables... coa birra
convidáronos a unha "polenta" (creo que se chama así, hai que
probala, son coma unhas tortiñas para picar), rodeados de tapias e de rotas
para soñar, un lugar precioso. Pola tarde Dieguin "dolomiti" tíñame
preparadas unha apretadas deportivas nunha escola ben chula que se chama Castel
Pietra, boas vías... pena que fosen só unas horas! e á tardiña, xunto coa súa
moza e uns colegas, fomos escoitar un grupo italiano (romano) de dous tipos,
cañeros a tope, que se chaman Bud Spencer Blues Explosion, e que me molaron
bastante, porén en compañía de xente tan caralluda a vida sempre é algo máis
pracentera, nunca deixedes de ser como sodes porque así sodes autenticos!!
Ao día seguinte non tiñamos que madrugar moito
porque decidimos ir trepar ao grupo do Sella, no Piz Ciavazes, unha vía duns
260 mts que se chama Roberta 83, nesta vía case non hai compromiso
porque está chapada, aínda que ás veces hai que apretar o cu porque alonxan de
verdade, pero é nestas rotas agachadas, que as veces descobres sen querer, onde
escalar se convertiu nun pracer, via marabillosa, na que ningún longo ten
desperdicio, escalar esta rota é unha obra de arte, un Moises de Michelangelo!
estas vías lémbrannos eso da Arte de Escalar, convírtennos por uns momentos nun
pincel dando forma a un cadro que sobrevivirá á historia, esta rota só é para recomendar
aos amigos. Os meus parabéns a Roberto Platter e a Luigi Felicetti porque
descubriron, e crearon, unha autentica xoia para a escalada. Xa postos... ao
baixar de escalar, despois de Agordo, non deixedes de parar nun bareto ao pé da
estrada que se chama La Estanga, poderedes comer as súas famosas
"polpete" (albóndigas) e xuntarvos cun nutrido grupo de escaladores
que tamén pararán a comentar as últimas trepadas, de feito, entre novembro e
marzo fan unha compe de polpete e apuntan que grupo come más polpete durante
estes meses, he he, están tolos estes dolomitis!! poren é unha loucura ben
sana!! Podedes ver o bosquexo da Cassin na páxina de Sergio
Ramella e de Roberta 83 en Planetmountain.
Ben... vexamos unhas fotos.
|
O tapión da torre Trieste, alucinante! |
|
Diego comezando a vía, IV+, os dous primeiros
longos enlázanse perfectamente. |
|
Diego "dolomiti" antes da travesía que
nos situaba na R4, VII-, mellor facer a travesía desde a R3, pero uns cravos
fora da rota métente en zona cachonda, longo algo expo! Posiblemente o longo
chave para perderte. |
|
Buscando a rota cara a dereita da R4, finalmente
Diego viu un cravo por riba e á esquerda da reu, regreso e volta a empezar, o
tema é que perdemos arredor dunha hora |
|
Finalmente atopamos a liña boa, Diego salvando os
teitos do L5, VII+. A rocha melloraba notablemente |
|
Chegando á R6, había unha zona de VI- e logo IV+ |
|
Creo que é o L9, magnifico! VII-. |
|
Con este longo que Diego se pegou a tope de
corda chegamos á gran vira, V, a rocha aquí era excelente! |
|
O primeiro longo despois da gran vira era un diedro
ao que lle caera unha das paredes, ese gran bloque que se ve nesta foto no
chan, detrás de Diego, o tema e que quedaban os cravos espetados nunha pequena
pedra que se mantivo, subimos acerando e sen tirar moito dos cravos porsi..,
VI. |
|
O L13 era moi bo, Diego chegando á reu, VI+. |
|
Seguro que Diego coincide comigo en que este debe
ser o longo chave en dificuldade, a chegada a reu, que fixemos mesmo debaixo do
teito nunha ponte de rocha, era obrigada e dura, VIII-. |
|
Boa foto de diego continuando en travesia baixo o
teito, despois da travesia pillábase un diedro onde a rocha volvía mellorar,
VI-, eran as cinco da tarde e quedaban catro longos, a partires de aquí
correndo ata a cima porque nos pillaba o touro. |
|
A foto artística! he he, e móstra onde está o
primeiro rápel que hai que pillar despois da gran vira para entrar na canle de
baixada. |
|
Paseo polo Val Canali para chegar ao Rifugio
Treviso que se atopa ao pé da Pala del Rifugio (a tapia máis evidente que vemos
ao fondo) con vías de 700 mts, e á súa dereita vemos o Sass d´Ortiga. |
|
Diego apretando nun 6b de Castel Pietra, chamábase Wisky
time, neste muro non deixedes de facer Gargamela, un 6c precioso. |
|
A nosa tapia do día seguinte no Piz Ciavazes (Grupo
del Sella) |
|
Diego comezando Roberta 83, ao L1 danlle 6a+
pero creo que é algo máis duro, e hai chapas que tes que buscar con catalexo! |
|
O L2 era curtiño, un 6a que polo menos era 6b/6b+,
comezabamos a flipar co grao, he he, como sería o longo de 7a+? |
|
Terceiro longo, 6b, a partir de aqui o grao
humanízase e convírtese en normal, he he. |
|
Boas fotos que me fai Diego no L3 |
|
Sigo chupando cámara no mesmo longo |
|
Seguimos tirando, agora Diego no L4, 6a, estamos
flipando con esta preciosa escalada e na mellor rocha |
|
Diego no L5, 6a, por riba vese o teito e a placa
que o segue que serán o longo chave da vía |
|
Entrando no teito do L6, 7a+. |
|
Diego apretando no teito, a saída era un bloque de
7a e a placa que viña a continuación era superfina, 7a+. |
|
Apretando na placa de 7a+ que sería o único que non
encadenamos a vista |
|
De novo Diego na placa, había un cambio que costaba
de dedos e de equilibrio, boísima!! |
|
O L7 tamén era fantástico, 6a+, por riba non andan
voitres... son parapentes!! |
|
Diego chegando á R7, seguiamos flipando coa beleza
da vía! |
|
O L8 tamén era do mesmo pao, precioso! 6b/6b+ |
|
Comezando o noveno e último longo, 6b/6b+, os pés
comezaban a sufrir pero a escalada seguía sorprendéndonos pola beleza. |
|
Diego gozando nese último longo antes de chegar á
reu. O descenso tamén era superchulo, unha vira ao pé dunha parede preciosa, un
tubo na rocha para destrepar e multiples destrepes de IIº-IIIº ben divertidos |
|
A nosa cara describe a beleza da rota que
acababamos de escalar, teño que agradecerlle a Diego que faga de anfitrión e
que me leve por estas preciosas vías e neste privilexiado lugar do mundo.
Detrás e ao fondo vese o glaciar da Marmolada |
Ningún comentario:
Publicar un comentario