Novamente Ordesa. Habia tempo que
non lle faciamos unha visita, sempre no obxectivo pero sempre co tempo
secuestrado pola vida, ordesa escorregándonos entre os dedos… finalmente os
astros puxéronse en liña e escapamos a durmir perto do parking para coller o
bus pola mañanciña cedo. Era agosto e o parking estaba cheo, o turismo masifica
algunhas zonas de forma incomprensible… esa noite foi en branco, os coches non
paraban de subir e baixar, música horribilis, paraban a ver aos catro mataos
que tentaban durmir ao pé da estrada, volvían arrincar o vehiculo para seguir a
súa andaina nocturna, e nós, ao tanto de todos os movimentos, non pegabamos
ollo...
Claro que isto non era suficiente
para desviarnos dos nosos os planos… A idea inicial era ir facer a Somontano, á que Martin e eu lle tiñamos
gaña desde había tempo, pero como as
cousas sempre teñen matices e o importante e gozar, finalmente mudamos de vía
polo Gran diedro del 73, ao que tamén
se apuntaron Gumi e Keko que viñan de Madrid a pasar un días polo Piri, a Somontano podía esperar! O Gran diedro del 73 non é das mellores liñas que se poden escalar en Ordesa pero é unha boa vía,
tipicamente ordesiana, cunha primeira parte onde hai que buscarse a vida para
seguir a rota e unha segunda máis fisica e tamén máis bonita, vía de aventura
podería dicirse, de grao baixo (V+/6a), pero onde o grao importa menos que a dificuldade,
e con algunhas seccións de rocha mediocre e de protección complexa onde
andaremos atentos. En xeral unha boa rota de escalada tipical ordesa!!
Un bo bosquexo (croquis) desta
vía podedes encontralo no blog dos
Caracoles Majaras, trátase dun
bosquexo feito por Pep Soldevila e publicado nun Vertex que foi mellorado
cunhas anotacións, queda moi completo; unicamente lembrar que no L3, despois de
cruzar ese espolón en travesia cara a dereita, tedes que seguir algo máis á
dereita por unha zona marrón de rocha aparentemente rota, non vos metades no
diedro que tedes diante, pola dereita, rocha marrón con aspecto roto, sen
seguros pero fácil e a rocha é bastante
mellor do que aparenta, dixit. Tamén fixemos unha fotos.
|
Comezando a vía á esquerda do diedro máis marcado, Vº |
|
Gumi nunha das múltiples repisas que nos atoparemos, estamos aínda nos primeiros longos |
|
De novo Gumi, agora negociando un paso de V+ durante o primeiro tercio da vía |
|
A foto subxectiva dos pés de Martin |
|
O crack keko!! especime protexido de Ordesa!! |
|
Antes de atacar a zona de teitos hai unha preciosa travesía. |
|
atacando os teitos, o noso é o do medio, non esquezades!! |
|
O longo que pasa por baixo do gran teito é o mellor de toda a vía |
|
Gumi de novo nese fantástico longo, V+, detrás veñen Martin e keko! |
|
Paso algo atlético neste mesmo longo, Gumi gozando!! |
|
O seguinte longo tamén era bastante bo, Martin negocia esa zona de diedro fendido con mestría! V+. |
|
Ao final dese longo comeza a aparecer herba, é o preludio do cumio! e aínda que o territorio é case vertical a herba non molesta demasiado |
|
O descenso polas clavixas de Cotatuero sempre é un goce máis do territorio Ordesa |
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario